28 ene 2014

Preparación das tertulias literarias

Proximamente teremos a I sesión das Tertulias Literarias do curso 2013-14 no Liceo de Ourense. Mentres chega o día, que será o 12 de febreiro e a conferencia do autor o 13,  estamos preparando a tertulia e os debates coa lectura pormenorizada da novela Faneca Brava de Manuel Portas.





14 ene 2014

Humor... e poesía

A volta ás aulas ás veces faise pesada, non? Pois para animar este regreso á rutina nada mellor que un toque de humor. Este vídeo reúne humor, crítica e... poesía.

Kevin, poeta é o título deste vídeo. A poesía sóavos, non si?
Velaquí unha pequena homenaxe (con humor) a Rosalía de Castro.