24 may 2016

Festival do Día das Letras Galegas 2016

O luns 23 pola tarde celebramos o noso habitual festival do Día das Letras Galegas, que este ano xa sabedes que se lle adicou ao poeta Manuel María. 

Tivemos como mestras de cerimonia a Paula Martínez e Noelia Camón, de 4º ESO:


Presentáronse os caligramas que se fixeron en cada curso e houbo ademais un recitado de poemas de Manuel María que algúns alumnos escolleron.
Velaquí os recitadores de 1º e 2º da ESO:



Un grupo de alumnos de 1º ESO interpretaron cancións populares galegas:



A continuación tivemos un Concurso de Talentos: recitado e canción. O xurado tivo complicado escoller os gañadores entre os finalistas. Finalmente alzáronse co primeiro premio as alumnas de 4º ESO Ana Rosa Pato e Noelia Camón. Noraboa!


Outros participantes:






 


Rematamos este festival cunha nova interpretación musical do grupo de 1º ESO.
 

19 may 2016

Manuel María e as Letras Galegas


Como xa lestes na anterior entrada, o alumnado do noso instituto elaborou caligramas a partir dos poemas de Manuel María, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas 2016. Pertencen aos seus poemarios Os soños na gaiola e As rúas do vento ceibe.  Esta mesma actividade realizouse en colaboración cos alumnos de 6º de primaria do CEIP Filomena Dato e o CEIP O Ruxidoiro. 

Os mellores caligramas foron seleccionados  e con eles imprimimos un libriño  e decoramos a entrada do instituto. Podedes ver as fotos a seguir.

Tamén en cada clase os alumnos e alumnas seleccionaron os poemas que más lles gustaron e fixemos unha pequena antoloxía.

O proximo día 23 celebraremos con lecturas e outras actividades esta efeméride.







16 may 2016

Caligramas a partir de poemas de Manuel María

O alumnado do IES Xesús Ferro Couselo homenaxea a Manuel María realizando caligramas a partir das súas obras As rúas do vento ceibe e Os soños na gaiola. Este ano colaboran ademais os alumnos de 6º de primaria dos colexios adscritos, CEIP Filomena Dato e CEIP Ruxidoiro, nunha actividade realizada polo club de lectura As catro esquiñas do Quinto e o EDLG. Podedes ver aquí unha selección dos mellores traballos.