Mostrando entradas con la etiqueta lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua. Mostrar todas las entradas

16 abr 2020

O rap da COVID-19

Endika Zalbidea

O noso alumno Endika Zalbidea Amigo, de 2º ESO A,  gravou para a clase de lingua galega un rap inspirándose nos sentimentos, situacións e dificultades que estamos a vivir debido ao coronavirus. No confinamento que gardamos,  e a pesar das preocupacións e a alteración que nas nosas vidas isto provoca,  abrollan estas  mangníficas creacións.
Parabéns, Endika!

Se o queredes escoitar, premede  en AQUÍ .



17 feb 2020

Entroido 2020



 


Co gallo do entroido, este curso ademais do habitual e xa asentado concurso de máscaras de entroido realizado con material de reciclaxe (e que reflicte o noso compromiso co respecto ao medioambiente dentro do programa da Escola Verde), levouse a cabo por parte dos departamentos de linguas unha actividade de recollida de información de como se celebra o entroido en Galicia, resto de España e noutros lugares do mundo. Coa información os alumnos e alumnas realizaron carteis escritos en galego, castelán, inglés e francés. Con eles adornáronse os corredores do instituto.









Na semana previa ao entroido tamén obedecemos as ordes do meco, que suxería disfraces para cada día da semana antes do festival de entroido do venres 21, onde tamén se faría a entrega dos premios do concurso de máscaras.



26 sept 2019

Día Europeo das Linguas




Este curso por primeira vez celebramos no instituto o Día Europeo das Linguas. Esta efeméride festéxase o 26 de setembro desde o ano 2001 por iniciativa do Consello de Europa.

Nós decidimos que escribiríamos unha palabra na maioría das linguas que se falan en Europa,  colocando por un lado as romances e por outro as xermánicas, eslavas.... A palabra escollida este curso é RESPECTO (Actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración unha persoa ou cousa). Pensamos que é unha palabra moi importante, porque respecto é o que pedimos para a nosa lingua e a nosa cultura. Con estas cartolinas inauguramos este curso o noso taboleiro. 

Esta actividade ten tamén moito que ver ademais co programa Erasmus+, que este ano iniciamos con institutos de Ziebice (Polonia) e Aydin (Turquía), sendo o tema do programa a loita contra o acoso escolar co lema Adeus bullying, ola amigo. Por iso a palabra Respecto estivo moi ben acaída.

Debemos recoñecer que con certas linguas tan lonxanas á nosa en orixe e distancia física atopámonos con dúbidas de se o tradutor en rede o facía correctamente. Pedimos desculpas  de antemán se non é así!







25 jun 2017

Lecturas de verán

Non quero despedir o curso sen facervos algunhas recomendacións de lecturas para esas longas tardes de verán.

Para os cursos de 1º e 2º da ESO, animádevos con:
Premio Merlín 2016, Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias.


Ou A chave da Atlántida, de Anxo Fariña.



3º e 4º da ESO poden animarse con  Engurras, de Paco Roca. 



Ou, por suposto, coa magnífica novela gráfica Ardalén, de Miguelanxo Prado. Esta obra recibiu o Premio Nacional de Cómic. Ardalén é unha historia sobre os recordos e a memoria, e como podemos manipular, de maneira consciente ou inconsciente,  esas lembranzas de acordo cos nosos intereses.



1º e 2º de bacharelato. Recoméndovos a obra anterior, por suposto, e tamén estoutras dúas de Miguelanxo Prado que lin recentemente e que moito me gustaron. Refírome a Trazo de xiz e Presas fáciles, ámbalas dúas novelas gráficas (ou cómics) editadas por El patito editorial. 



Se sodes amantes da poesía, que tal  Na casa da avoa, de Marta Dacosta?


Preferides novela? Pois a ver que vos parece Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo.



E para os que vos guste afondar no pasado con altas doses de intriga, metédelle o dente a Izan o da saca, de Xabier Quiroga.

 Intriga, cultura e un gran misterio en torno a Rosalía de Castro? A vosa novela é A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.




Nas bibliotecas públicas habedes atopar estas e outras xoias.


E con esta entrada despídome por este curso escolar. Grazas aos membros do EDLG e a todos aqueles que participaron nas nosas actividades, colaborando e animando. Parabéns a todos os premiados e aos que participaron en concursos e obradoiros.

Vémonos o vindeiro curso!! Bo verán e boas lecturas!!








16 ene 2017

DÍA DOS NAMORADOS 2017



PORQUE QUEREMOS EN GALEGO


QUÉROTE  PORQUE...

QUÉROTE  PORQUE CONTIGO SEMPRE O PASO BEN

QUÉROTE  PORQUE ES MOI OPTIMISTA    

QUÉROTE  PORQUE  ESTÁS MOI BO

QUÉROTE  PORQUE  ... PORQUE SI

QUÉROTE  PORQUE  ME FAS SENTIR  ILUSIONADO

QUÉROTE  PORQUE  CONTIGO ME SINTO FELIZ

QUÉROTE  PORQUE ES TAN GUAPA COMO BOA PERSOA

QUÉROTE PORQUE TES UNS OLLOS QUE ME FAN TREMER DE PÉS A CABEZA



QUÉROTE  PORQUE  ...

CAL É A TÚA RAZÓN?


ESCRÍBEA  NA CARTOLINA QUE ATOPARÁS EN CONSERXERÍA  E  DEPOSÍTAA NA URNA QUE HAI ALÍ. CON TODAS ELAS ELABORAREMOS UN GRAN CARTEL NA ENTRADA DO INSTITUTO. TES DE TEMPO ATA O DÍA  8 DE FEBREIRO .

NON QUEDES SEN DECLARAR O TEU AMOR!!

29 abr 2016

Derradeiros cómics do alumnado de 4º ESO

E finalmente aquí están os dous últimos cómics realizados por dúas alumnas de 4º ESO, de guión propio e editados en vídeo polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

O primeiro é o de  Sofía Pérez González, de 4ºESO B; titúlase Os Trolliantes.
Velaquí:



O segundo titúlase  A girl pandi do Ferro Couselo. Foi realizado por Ana Rosa Pato Rodríguez, de 4ºESO A.
 

25 abr 2016

Máis cómics

Seguimos a mostrarvos os cómics que realizou o alumnado de 4º ESO e que o Equipo de Normalización editou en vídeo.
 
Matemáticas, realizado por Míriam Zorelle Pinto, de 4º ESO, grupo A.




Secuestro, guión e factura de Rebeca López López, de 4º ESO B. 

 

18 dic 2014

Defensa das variantes dialectais do galego II

Defensa da variante dialectal do galego oriental.




Só falta o bloque central. Como dixo a profe Paloma, por que non vos animades a facer a defensa da variante dialectal central do galego?

25 oct 2014

Defensa das variantes dialectais do galego

Noelia Gómez é a autora deste vídeo, elaborado como traballo para as clases de galego: «Tiñamos que facer algo sobre o idioma e, como son de Rianxo e falo con seseo e gheada, ocorréuseme reivindicar as peculiaridades da miña zona e, de paso, defender as variantes do galego». Para desenvolver a súa idea, contou coa colaboración de tres amigos de Imo, no veciño municipio de Dodro. Xunto coa propia Noelia, Martín Piñeiro, Ana Rei e Carlos Rey póñenlle voz a situacións cotiás coas que se atopan no seu día a día, e que lonxe das críticas ás que en máis de unha ocasión tiveron que enfrontarse, revolven empregando a lingua nai, tal e como a mamaron, sen disfraz algún.
 (A voz de Galicia, 25-10-2014)

7 oct 2014

Proposta para celebrar O Samaín

O Apóstolo, de Fernando Cortizo
Queredes cambiar dúas clases
por unha sesión de cine?

ESTA VEZ DEPENDE DE VÓS!

O EDLG e o club de lectura “As catro esquinas do Quinto” comprométense a organizar unha sesión de “Cine de Samaín” se conseguen unha participación suficiente do alumnado na recollida ou creación de lendas ou relatos “de medo”. 

Poderán asistir á proxección todas aquelas clases que participen na recollida cun número de TRABALLOS VÁLIDOS igual ou superior a ¼ do número de alumnos desa clase.

TRABALLOS VÁLIDOS:

- Todos os traballos deben cumprir as seguintes condicións:

  • Contido relacionado co sobrenatural .
  • A historia ten que ser comprensible e coherente.
  • Redactados en galego.
  • Sen faltas de ortografía, puntuación ou gramática.
  • Escritos a ordenador e enviados por correo electrónico ao correo das profes.
Á parte diso, os traballos poden ser de dous tipos: 

1. RECOLLIDA de lendas tradicionais ou modernas (“lendas urbanas”) 
  • Poden obterse directamente (familiares, veciños, amigos) ou ben a través doutras recopilacións (antoloxías, páxinas web…) 
  • En calquera caso, deben estar redactadas polo alumno coas súas propias palabras, non copiadas. 
  • Hai que citar a fonte na que se obtivo .

2. CREACIÓN: 
  • Inventar unha historia que teña certo parecido con ese tipo de lendas (interesante o tema da Santa Compaña).
  • Pódense facer en parellas, pero tede en conta que para a asistencia á sesión de cine só conta o NÚMERO DE TRABALLOS, independentemente do número de alumnos que os fixeran. 
ANIMÁDEVOS E VEREMOS A PELÍCULA  O APÓSTOLO, do director Fernando Cortizo. Podedes ver información do film aquí e acá.


1 oct 2014

CURSO 2014-15

Ola a tod@s!

Iniciamos este novo curso académico con nova responsable do Equipo de Normalización: Paloma Losada.

Iniciativa súa é a creación dunha conta en Twitter: ENDL Ferro Couselo  @ENDLFerro. Así que xa sabedes... SEGUÍDENOS!!!



11 abr 2014

Día do Libro (III )

Sobre a morte de Bieito

O terceiro cómic Sobre a morte de Bieito, inspirado no relato homónimo de Rafael Dieste, realizouno Marcos García, de 4º ESO A. Lembrade que os alumnos tiñan que facer tanto o desenvolvemento de contidos coa selección de diálogos, como o encadre, planos, e recursos propios dos cómics como  son as onomatopeas, liñas cinéticas e metáforas visuais.
O cómic de Marcos foi este, que o EDLG editou en vídeo para que todos o vexades. 
Non vos animades a facer algo así para o Día das Letras Galegas?

Se queredes ver os outros dous vídeos con traballos dos vosos compañeiros clickade en aquí e acá.

Tamén podedes ver a dobraxe ao galego que o alumando do club de lectura As catro esquinas do Quinto fixo dunha curtametraxe de Tim Burton titulada Vicent. Fixérona o curso pasado co gallo do Día das Letras Galegas. É un traballo moi bo, podedes velo clickando en aquí.


10 abr 2014

Día do Libro ( II )

Sobre a morte de Bieito

Velaquí vos deixo o segundo cómic editado en vídeo baseado no relato de Rafael Dieste, Sobre a morte de Bieito. Fixeron o cómic Saray Pérez  e Lorena Rodríguez, de 4º ESO A.




Se queredes ver os outros dous cómics desta mesma temática feitos por outros alumnos clickade aquí e acá.

8 abr 2014

Día do Libro ( I )


Adiantámonos este curso a celebrar o Día do Libro cunha actividade na que participaron varios alumnos de 4º ESO.

Sobre a morte de Bieito

Tratábase de pasar a cómic o relato Sobre a morte de Bieito de Rafael Dieste. Os participantes tiveron que planificar as viñetas seleccionando o seu contido, tipo de plano, encadre, os diálogos... e recursos como onomatopeas, liñas cinéticas ou metáforas visuais.

O resultado foron tres magníficos cómics que o EDLG se encargou de editar en vídeo.

O primeiro cómic que vos presentamos realizárono Rodrigo Torres, Gabriel González e Martín Sierra.



Se queredes ver o segundo vídeo premede  aquí. Para o terceiro pulsade  acá.

8 jul 2013

Verán

Déixovos aquí a revista Ollos de aula, que contén algunhas suxestións de lecturas para o verán.

Ata o vindeiro curso!!



26 abr 2013

Concursos Día das Letras Galegas





DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013:
ROBERTO VIDAL BOLAÑO

CONCURSO LITERARIO:POESÍA E NARRACIÓN.

BASES:


     1) Establécense dúas categorías:         
        a)Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO.
        b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de  Bacharelato.


2) Os traballos estarán escritos en lingua galega. O tema será libre.

3) A extensión mínima da poesía é de 15 versos e para os traballos de narrativa, tres páxinas por unha cara.

4) Presentaranse  grampados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.

5) Os traballos entregaranse na conserxería do instituto até o día 10 de maio, inclusive.

6) PREMIOS: Haberá dous premios por categoría e xénero. Os premios poden quedar desertos.

1º Premio: 1 lote de libros e/ou material escolar; unha camiseta de Rei Zentolo ou similar.

2º Premio: 1 lote de libros e/ou material escolar.


7) O xurado estará composto polos departamentos de galego e castelán e pola coordinadora do EDLG.

8) Os premios entregaranse o día 16 de maio.




CONCURSO  DE CARTEIS

BASES:

1) Establécense dúas categorías:   
     a) Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO
b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de  Bacharelato.

2) O tema será alusivo ao Día das Letras Galegas , e debe levar algún texto escrito en galego.
  
3)Será realizado sobre cartolina, en tamaño cartolina e con técnica libre, valorándose a orixinalidade e a dificultade do mesmo.

4)Presentaranse enrolados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.

5) Os carteis entregaranse na conserxería do instituto até o día 10 de maio, inclusive.

6) PREMIOS: Haberá tres premios. Os premios poden quedar desertos.

1º Premio: 1 lote con libros e/ou material escolar; unha camiseta do centro.
2º Premio: 1 lote con libros e/ou material escolar
3º premio: material escolar.
 7) O xurado estará composto polos departamentos de galego e plástica e pola coordinadora do EDLG.

8) Os premios entregaranse o día 16 de maio.




2 feb 2013

Concurso Día dos Namorados


Lémbrovos que está aberta a convocatoria do concurso "Día dos Namorados"

SABEMOS QUE SABES DICIR PRECIOSAS FRASES DE AMOR, PERO…
ES CAPAZ DE ESCRIBIR A CARTA DE AMOR OU A DECLARACIÓN MÁIS CURSI POSIBLE? 






ESTE NON É UN CONCURSO CALQUERA, AQUÍ PREMIAMOS A CARTA OU DECLARACIÓN DE AMOR MÁIS PASTELEIRA, MÁIS RIDÍCULA E ESTOXADIZA DO MUNDO!!!

O PREMIO SERÁ UN LOTE COMPOSTO DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E ALGÚN DETALLIÑO MÁIS.
Data límite de entrega: luns 11 de febreiro.
Entrega de premios: xoves 14 no 2º recreo.


11 dic 2012

Revista Ollos de aula

A Coordinadora Galega dos Equipos de Normalizacn e Dinamización Lingüística (CGENDL) edita a revista Ollos de aula. Déixovos aquí os tres números editados para que lle botedes unha ollada.

No glosario da de decembro podedes ver que se fala dos xoguetes do nadal, de darlle voltas a preguntas que formulan os pais como ¿temos que axudar os nosos fillos/as cos deberes? e outras reflexións.
 



2 nov 2012

Premios do Concurso de Cabazas

O pasado día 31, reunido o xurado (formado por profesores, dous alumnos de 4º ESO e persoal non docente), procedeuse a fallar o resultado do Concurso de Cabazas de Samaín, sendo o resultado o seguinte:

 PREMIO:
Iago Estévez Fernández, de 1º ESO B.
Entrega o premio a súa titora, Paloma.



Velaquí a cabaza gañadora, non é terrorífica?

1º PREMIO

2º PREMIO:
Lara Fernández Sierra, tamén de 1º ESO.


Esta tamén dá medo!

   
2º PREMIO
  
 3º PREMIO:
 Rebeca López López de 1º ESO B.


Esta cabaza é moi xeitosiña, quere disimular que é espeluznante!!!

3º PREMIO
  
No apartado de profesorado, a gañadora foi Almudena Platero:


A súa cabaza é moi corsaria, he he!!
 

   
Noraboa aos gañadores!! 
E a todos os participantes, grazas polo esforzo e seguide colaborando, o seguinte premio pode ser voso!
Vede o resto de cabazas concursantes:

Cabazas de Samaín
 




O alumnado de 1º ESO  tamén elaborou tarxetas de Samn cos seus monstros favoritos.





A expectación durante a entrega de premios foi ben grande.

 

Ademais  destas actividades, o alumnado de 1º ESO, dentro do Proxecto Interdisciplinar, elaborou uns carteis con termos propios de Samaín escritos en galego, francés e inglés:



Déixovos aquí uns exemplos:
 




Gracias, de novo, a todos pola participación, e quedades emprazados para o próximo concurso, que ha ser o de tarxetas de nadal.