Este curso por primeira vez celebramos no instituto o Día Europeo das Linguas. Esta efeméride festéxase o 26 de setembro desde o ano 2001 por iniciativa do Consello de Europa.
Nós decidimos que escribiríamos unha palabra na maioría das linguas que se falan en Europa, colocando por un lado as romances e por outro as xermánicas, eslavas.... A palabra escollida este curso é RESPECTO (Actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración unha persoa ou cousa). Pensamos que é unha palabra moi importante, porque respecto é o que pedimos para a nosa lingua e a nosa cultura. Con estas cartolinas inauguramos este curso o noso taboleiro.
Esta actividade ten tamén moito que ver ademais co programa Erasmus+, que este ano iniciamos con institutos de Ziebice (Polonia) e Aydin (Turquía), sendo o tema do programa a loita contra o acoso escolar co lema Adeus bullying, ola amigo. Por iso a palabra Respecto estivo moi ben acaída.
Debemos recoñecer que con certas linguas tan lonxanas á nosa en orixe e distancia física atopámonos con dúbidas de se o tradutor en rede o facía correctamente. Pedimos desculpas de antemán se non é así!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.