26 sept 2019

Día Europeo das Linguas




Este curso por primeira vez celebramos no instituto o Día Europeo das Linguas. Esta efeméride festéxase o 26 de setembro desde o ano 2001 por iniciativa do Consello de Europa.

Nós decidimos que escribiríamos unha palabra na maioría das linguas que se falan en Europa,  colocando por un lado as romances e por outro as xermánicas, eslavas.... A palabra escollida este curso é RESPECTO (Actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración unha persoa ou cousa). Pensamos que é unha palabra moi importante, porque respecto é o que pedimos para a nosa lingua e a nosa cultura. Con estas cartolinas inauguramos este curso o noso taboleiro. 

Esta actividade ten tamén moito que ver ademais co programa Erasmus+, que este ano iniciamos con institutos de Ziebice (Polonia) e Aydin (Turquía), sendo o tema do programa a loita contra o acoso escolar co lema Adeus bullying, ola amigo. Por iso a palabra Respecto estivo moi ben acaída.

Debemos recoñecer que con certas linguas tan lonxanas á nosa en orixe e distancia física atopámonos con dúbidas de se o tradutor en rede o facía correctamente. Pedimos desculpas  de antemán se non é así!







Benvida ao curso 2019-20

@endlFerro


Queridos lectores e lectoras, un curso máis aquí me atopo ao fronte deste Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e mantendo este blog que vos informa de todas as actividades culturais que realizan os departamentos do noso instituto ao redor do galego, mais tamén de calquera faceta cultural que potencie o noso patrimonio e idiosincrasia.

Xa sabedes que todas estas actividades tamén volas ofrecemos a través da nosa conta de Twitter: @endlFerro .

Unha aperta e bo comenzo de curso!
Begoña Calvo.