29 nov 2017

Día contra a violencia machista



O alumnado de 2º de bacharelato, colaborando coa Concellaría de Igualdade do Concello de Barbadás (Ourense),  encargouse de levar a cabo unha actividade contra a violencia machista. Eles foron os mestres de cerimonia e ademais os encargados de falar ao alumnado dos outros cursos e niveis desta lacra que afecta a mulleres e nenos de calquera clase social. Ademais elaboraron uns carteis e un pináculo que recollía testemuñas de mulleres afectadas pola violencia machista. Falouse tamén dos micromachismos, menos evidentes na percepción de moitas persoas, e das condutas de control que xorden na adolescencia.

Noraboa por esta fermosa iniciativa!






21 nov 2017

Magosto 2017

O luns 20 de novembro celebramos no noso instituto a festa dos Magostos. Por segundo ano veu pasar a tarde connosco o alumnado de 6º de primaria dos CEIP Filomena Dato e o CEIP O Ruxidoiro de Barbadás, centros adscritos ao noso IES. Foi unha bonita tarde chea de xogos tradicionais e de comida campestre. Non faltou a fogueira coas castañas asadas.
Aquí vos deixo algunhas fotos.