Mostrando entradas con la etiqueta Videopoemas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Videopoemas. Mostrar todas las entradas

23 abr 2020

Día do Libro 2020

Sempre  celebrabamos o Día do Libro con lecturas, con intercambio de libros, con exposicións dos fondos da nosa biblioteca... Este curso o confinamento pola COVID-19 cambiou todos os nosos plans. Pero como a vida segue, o profesorado do IES Xesús Ferro Couselo non quere deixar de celebrar unha efeméride que para nós, os docentes, é tan grata.
Por iso, a profesora Ana María López Cruz, de Educación Física, montou estes preciosos vídeos coa lectura de dous clásicos das letras galega e castelá.

Por un  lado o fermoso poema Adiós, ríos; adiós, fontes do poemario Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro, que tan ben reflicte a incerteza e os medos dos que parten lonxe da terra sen saber que esperar da nova vida e abafados pola anguria de partir da terra amada.

E polo outro, dous monólogos de La vida es sueño  (1635), obra de teatro de Pedro Calderón de la Barca, onde tamén se reflexiona sobre a propia vida.

Esperamos que vos gusten!
Feliz Día do Libro 2020 e moito ánimo!
Forza!

Rosalía de Castro: Adiós, ríos; adiós, fontes.





Pedro Calderón de la Barca: La vida es sueño.

24 feb 2019

Día de Rosalía 2019


Para celebrar o Día de Rosalía, que sabedes que é o 24 de febreiro, día do seu nacemento, varios alumnos e alumnas de 1º de bacharelato B, leron poemas da escritora. A maioría pertencen ao seu poemario Follas Novas (1880). 

Con esta actividade, o EDLG e o IES Xesús Ferro Couselo queremos mostrar no 182 aniversario do seu nacemento, a nosa admiración e afecto pola autora máis universal das letras galegas.
Longa vida ás nosas letras!

E grazas a Laura, Jonathan, Ainhoa, Hugo, Rebeca, Isaac, Alejandro e María pola súa participación.

Velaquí os vídeos:

Laura González le "Daquelas que cantan as pombas i as frores"





Ainhoa Prieto le "Unha vez tiven un cravo". 




Hugo Fernández le "Pra a Habana V".




Rebeca Álvarez le "Tecín soia a miña tea".



Isaac Fabello le "Probe Galicia, non debes".



Alejandro Casas le "Vanidade".



María Domínguez despídese con "Vivir para ver".

12 may 2014

Xosé María Díaz Castro. Videopoemas para o Día das Letras Galegas 2014.

Ímosvos presentar os distintos traballos do concurso "Día das Letras Galegas" en soporte informático.

Os dous primeiros pertencen a Ana Prieto Araujo, de 1º Bach. A. Velaquí os tendes.

"Penélope" de Nimbos:



Breve biografía de Díaz Castro:



Ana Yáñez Rodríguez e Sofía García, de 3º ESO A, elaboraron estoutro precioso vídeo sobre o poema  "Noite do mundo" do poemario Nimbos.



Uxía Yáñez e Sheila Míguez, tamén de 3º ESO, fixeron un videpoema baseado den "Coma unha escada" de Nimbos:




Arianna Fernández Vélez, de 3º ESO A,  elaborou este videopoema  "Do novo ceo" de Nimbos:




Iria Domínguez e Laura Cabrera, de 3º ESO A, animáronse co poema "Remuíño", tamén de Nimbos:




Sara Yáñez Outumuro, de 1º bacharelato, animouse con "Penélope", de Nimbos



Bárbara Muñiz Martínez, de 4º ESO, fixo o videopoema sobre "Coma unha espada":




Co poema "Noite no mundo", Sandra González Silva, de 1º bacharelato, fixo este videopoema:




Estupendos traballos! Noraboa a todos os participantes!!



1 abr 2014

Xosé María Díaz Castro

Xa sabedes que este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta Xosé María Díaz Castro, e para que o vaiades coñecendo fixen un videopoema cunha das súas poesías. Espero que isto vos anime a presentar traballos sobre el.


14 feb 2014

Poemas de amor...por san Valentín

Este ano quixemos celebrar o Día do Amor e dos Namorados coa lectura de poemas que falen do amor desde distintos tonos e ópticas, de diversas épocas e autores, e en lingua galega, portuguesa, castelá, en francés e inglés.

O resultado é este video, onde dezasete alumnas e alumnos do noso instituto len un poema de forma improvisada, pódese dicir que captados no momento, sin preparación previa. Espero que vos guste e xa sabedes...

... o  amor, sempre o amor.