26 abr 2012

Día do libro 2012

Un curso máis, o Club de Lectura "As catro esquinas do Quinto" puxo en marcha a "Semana de intercambio de libros" para celebrar o Día do Libro. Na entrada do instituto habilitouse unha mesa expoñendo libros ofrecidos polos departamentos de castelán e galego e por profesorado e alumnado. Desde ese momento, todo aquel que estea interesado nun libro dos expostos, debe deixar outro a cambio. Estamos abertos a ofrecementos de todo tipo. Poden ser eses libros de cando eras máis noviño e xa non vas reler, ou esa novela que che gustou moito e queres recomendar, ou mesmo a que che regalaron e nunca liches porque non é do teu estilo. Estaremos con este troco toda a semana. ¡Participa!






24 abr 2012

Concursos Día das Letras Galegas 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012:

VALENTÍN PAZ ANDRADE (1898-1987)
Valentín Paz Andrade


CONCURSO LITERARIO:POESÍA E NARRATIVA

BASES:

1.  Establécense dúas categorías:  
        a)Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO.
        b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de  Bacharelato.

2.     Os traballos estarán escritos en lingua galega. O tema será libre.

3.     A extensión mínima da poesía é de 15 versos e para os traballos de narrativa, tres páxinas por unha cara.

4.     Presentaranse  grampados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.

5.     Os traballos entregaranse na conserxería do instituto até o día 11 de maio, inclusive.

6.     PREMIOS: Haberá dous premios por categoría e xénero. Os premios poden quedar desertos.

1º Premio: 1 MP3
2º Premio: 1 lote de libros e/ou material escolar.

7.     O xurado estará composto polos departamentos de galego e castelán e pola coordinadora do EDLG.

Os premios entregaranse o día 18 de maio.



CONCURSO  DE CARTEIS

BASES:

1.     Establécense dúas categorías:   
a) Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO
b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de  Bacharelato.

2.      O tema será alusivo ao Día das Letras Galegas .

3.     Será realizado sobre cartolina, en tamaño cartolina e con técnica libre, valorándose a orixinalidade e a dificultade do mesmo.

4.     Presentaranse enrolados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.

5.     Os carteis entregaranse na conserxería do instituto até o día 11 de maio, inclusive.

6.     PREMIOS: Haberá dous premios. Os premios poden quedar desertos.

1º Premio: 1 MP3
2º Premio: 1 lote con libros e/ou material escolar

7.     O xurado estará composto polos departamentos de galego e plástica e pola coordinadora do EDLG.

8.     Os premios entregaranse o día 18 de maio.



CONCURSO DE SLOGANS 

PARA O FOMENTO 

DA LINGUA GALEGA

DESEÑA CON EL O TEU MARCADOR 
DE PÁXINAS E NÓS LEVARÉMOLO 
A IMPRIMIR PARA REPARTILO 
ENTRE TODO O ALUMNADO E PROFESORADO. 

Entrégao co teu nome ás profesoras de galego.
Data límite: 15 de maio. 
Único premio para o marcador seleccionado: 
un MP4 .
Entrega do premio e reparto de marcadores: o 18 de maio.










20 abr 2012

Tertulia Literaria II

    Dentro do programa de actividades organizadas pola concellería de Educación, asistimos á segunda reunión das Tertulias Literarias, esta vez cun libro escrito en castelán. Tratábase de La estrategia del agua, de Lorenzo Silva.

       Alumnado de 1º bacharelato pertencente ao noso Club de  Lectura asistiu o pasado día 18 de abril á tertulia, xunto con alumnado doutros institutos de ensino.


       O debate foi moi participativo e tratáronse os temas da aplicación da xustiza, o maltrato de xénero, a custodia compartida, o papel da muller, estereotipos e roles e o maltrato psicolóxico aos homes, entre outros.

      Días antes tuvimos unha das xuntazas preparatorias co alumnado no propio instituto á hora de xantar ao redor dunhas pizzas.
Aquí vos deixo fotos das dúas sesións.








16 abr 2012

Lemas para camisetas

Para celebrar o vindeiro Día das Letras Galegas, o EDLG convoca un concurso de LEMAS PARA CAMISETAS.



¿QUERES PERSONALIZAR
A TÚA CAMISETA?

¿QUERES QUE TODOS VISTAMOS
O TEU DESEÑO?
POIS INVENTA UN LEMA (CON DEBUXO)
E PARTICIPA NO CONCURSO.

BASES:
1. ESCRITO EN LINGUA GALEGA.
2. QUE FAGA REFERENCIA Á REALIDADE GALEGA.
3.  ENTRÉGAO ANTES DO 15 DE MAIO. 

PREMIOS:
DÚAS CAMISETAS CO TEU LEMA SERIGRAFIADO.
UNHA CAMISETA DAS EXPOSTAS DO
REI ZENTOLO.

O RESTO DA COMUNIDADE ESCOLAR PODERÁ MERCALAS A PREZO DE CUSTE.