24 abr 2012

Concursos Día das Letras Galegas 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012:

VALENTÍN PAZ ANDRADE (1898-1987)
Valentín Paz Andrade


CONCURSO LITERARIO:POESÍA E NARRATIVA

BASES:

1.  Establécense dúas categorías:  
        a)Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO.
        b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de  Bacharelato.

2.     Os traballos estarán escritos en lingua galega. O tema será libre.

3.     A extensión mínima da poesía é de 15 versos e para os traballos de narrativa, tres páxinas por unha cara.

4.     Presentaranse  grampados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.

5.     Os traballos entregaranse na conserxería do instituto até o día 11 de maio, inclusive.

6.     PREMIOS: Haberá dous premios por categoría e xénero. Os premios poden quedar desertos.

1º Premio: 1 MP3
2º Premio: 1 lote de libros e/ou material escolar.

7.     O xurado estará composto polos departamentos de galego e castelán e pola coordinadora do EDLG.

Os premios entregaranse o día 18 de maio.



CONCURSO  DE CARTEIS

BASES:

1.     Establécense dúas categorías:   
a) Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO
b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de  Bacharelato.

2.      O tema será alusivo ao Día das Letras Galegas .

3.     Será realizado sobre cartolina, en tamaño cartolina e con técnica libre, valorándose a orixinalidade e a dificultade do mesmo.

4.     Presentaranse enrolados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.

5.     Os carteis entregaranse na conserxería do instituto até o día 11 de maio, inclusive.

6.     PREMIOS: Haberá dous premios. Os premios poden quedar desertos.

1º Premio: 1 MP3
2º Premio: 1 lote con libros e/ou material escolar

7.     O xurado estará composto polos departamentos de galego e plástica e pola coordinadora do EDLG.

8.     Os premios entregaranse o día 18 de maio.



CONCURSO DE SLOGANS 

PARA O FOMENTO 

DA LINGUA GALEGA

DESEÑA CON EL O TEU MARCADOR 
DE PÁXINAS E NÓS LEVARÉMOLO 
A IMPRIMIR PARA REPARTILO 
ENTRE TODO O ALUMNADO E PROFESORADO. 

Entrégao co teu nome ás profesoras de galego.
Data límite: 15 de maio. 
Único premio para o marcador seleccionado: 
un MP4 .
Entrega do premio e reparto de marcadores: o 18 de maio.










2 comentarios:

  1. Tiñamos que imitarvos pero nós só imos facer o concurso de carteis. Copiámosvos as bases pero tivemos que introducir cambios porque non podemos facer eses regalos. Grazas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois a eles os Mp3 e Mp4 parécenlles xa cousa do pasado :/
      De todos modos, hainos baratiños. Este ano o que semella xerar interese é o concurso dos lemas para camisetas. Xa veremos que pasa!

      Eliminar

Queremos saber a túa opinión.