Mostrando entradas con la etiqueta Roteiro de A Esmorga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Roteiro de A Esmorga. Mostrar todas las entradas

18 jun 2014

Roteiro de "A Esmorga" 2014

O día 16 un grupo de alumnos de 4º ESO participou no roteiro polos espazos urbanos nos que transcorre a novela de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Foron localizando os azulexos que nos lembran momentos importantes da historia de O Bocas, O Milhomes e o Cibrán pola cidade de Auria. Algúns alumnos leron uns pequenos fragmentos e fixemos un vídeo que vos deixamos aquí, xunto con algunha foto.
Tamén podedes ver outros vídeos de anos pasados clicando en aquí e acá.















17 feb 2013

Roteiro "A Esmorga"

Un curso máis o alumnado de 4º ESO asistiu, tras a lectura da novela de Blanco-Amor, ao roteiro que sobre a obra se realiza pola cidade. Foi o pasado día seis.

Déixovos unhas fotos dos expectantes alumnos e alumnas polas rúas polas que transitaban O Bocas, O Milhomes e o Cibrán.
















2 feb 2012

Roteiro "A Esmorga" 2012

    O día 31 de xaneiro os alumnos e alumnas de 4º ESO fixeron o roteiro literario de A Esmorga. Xa é unha tradición percorrer os lugares reais polos que transitaron na novela o Cibrán, O Bocas e o Milhomes. Tamén foi unha oportunidade para coñecer mellor a nosa cidade. Portástevos moi ben e demostrastes a lectura do libro. Noraboa!


4º ESO, curso 2011-12







28 feb 2011

Roteiro de A ESMORGA 2011

O Concello de Ourense marcou con azulexos os lugares polos que transcorre a acción de A Esmorga, a novela de Eduardo Blanco-Amor.

Os alumnos e alumnas de 4º ESO fixeron o roteiro o día 28 de febreiro.