Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

13 feb 2021

O ENTROIDO 2021


Un curso máis o alumnado de 1º da ESO participou nun concurso de máscaras de Entroido feitas con elementos de reciclaxe. O departamento de Educación Plástica e Visual promoveu esta actividade, que coordinou o EDLG. Saíu unha colección ben xeitosa.









Tralas votacións, os premiados foron:

1º premio:

Yerik Gael Suárez Dacosta, de 1º ESO B.



2º premio:

Adrián Blanco Fernández, de 1º ESO A




3º premio: 

Breogán Rodríguez Penín, de 1º ESO B.




Accésit:

Breogán Leiro Estévez, de 1º ESO A.



Parabéns aos gañadores e a todos e todas os participantes.


Tamén este curso, e a pesar das restricións pola COVID-19, os disfraces animaron o útima xornada  de clases antes dos días de lecer. Houbo risas e algún baile, gardando as distancias de seguridade, claro que si! Foi ben divertido!












24 feb 2020

Entroido 2020: festival


O venres 21 de febreiro celebramos o festival de entroido con actuacións  do alumnado das distintas aulas. Tivemos actuacións musicais, bailes con espléndidas coreografías e xogos.
Tamén se entregaron os premios do concurso de máscaras, que podedes ver premendo aquí.
Foi unha mañá moi divertida!