Alumnos e alumnas de 3º ESO A e B traballaron para o Plan Proxecta: Donas de si buscando información sobre unha muller que destacase nas Letras ou na cultura galegas; e, dado que este curso o Día das Letras Galegas recaeu nunha muller, investigaron sobre Xela Arias e realizaron ou ben carteis informativos ou ben un documento expositivo en formato papel ou dixital.
Foron expostos en maio e houbo premios para os mellores.
![]() |
| Daniela, 3º ESO B |
![]() |
| Xiana, 3º ESO B |
![]() |
| Emma, 3º ESO A |
Tamén se deron agasallos aos mellores traballos dos once alumnos/as de 3º ESO A e B que, dentro do Plan Proxecta Donas de si, escribiron relatos en galego cos que participaron no V Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, na modalidade literaria, convocado pola Universidade de Vigo. Estes alumnos e alumnas leron previamente, a cargo da materia de Bioloxía, o libro Os nenos da varíola, de María Solar, e para este Proxecto Donas de si escribiron en galego uns relatos onde imaxinaban como sería a vida dos personaxes no momento en que embarcaban cara a América. Centráronse en Isabel Zendal e a súa viaxe no barco.
Aínda que xa foi unha actividade realizada nos meses de xaneiro-febreiro, déronselle agora os agasallos dentro do marco das Letras Galegas. A todos e todas, moitos parabéns!

Antón, 3º ESO B 
Carla, 3º ESO B 
Gabriel, 3º ESO B 
Iris, 3ºESO B 
Noa, 3º ESO B 
Ángel, 3º ESO A







No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.