O pasado día 31, reunido o xurado (formado por profesores, dous alumnos de 4º ESO e persoal non docente), procedeuse a fallar o resultado do Concurso de Cabazas de Samaín, sendo o resultado o seguinte:
1º PREMIO:
Iago Estévez Fernández, de 1º ESO B.
Entrega o premio a súa titora, Paloma.
Velaquí a cabaza gañadora, non é terrorífica?
1º PREMIO |
2º PREMIO:
Lara Fernández Sierra, tamén de 1º ESO.
Esta tamén dá medo!
2º PREMIO |
3º PREMIO:
Rebeca López López de 1º ESO B.
Esta cabaza é moi xeitosiña, quere disimular que é espeluznante!!!
3º PREMIO |
No apartado de profesorado, a gañadora foi Almudena Platero:
A súa cabaza é moi corsaria, he he!!
Noraboa aos gañadores!!
E a todos os participantes, grazas polo esforzo e seguide colaborando, o seguinte premio pode ser voso!
Vede o resto de cabazas concursantes:
Cabazas de Samaín |
O alumnado de 1º ESO tamén elaborou tarxetas de Samaín cos seus monstros favoritos.
A expectación durante a entrega de premios foi ben grande.
Ademais destas actividades, o alumnado de 1º ESO, dentro do Proxecto Interdisciplinar, elaborou uns carteis con termos propios de Samaín escritos en galego, francés e inglés:
Déixovos aquí uns exemplos:
Gracias, de novo, a todos pola participación, e quedades emprazados para o próximo concurso, que ha ser o de tarxetas de nadal.
Un ano máis, as cabazas (ou citrouilles, ou pumpkins)foron moi boas. A gañadora era moi espectacular, pero as outras foron tamén enxeñosas e divertidas. Unha mágoa que non se conserven ben!
ResponderEliminarO ano vindeiro tes que participar, Paloma. A túa cabaza seguro que será terrorífica!!!
Eliminar