O noso instituto uniuse ao desexo xeral de festexar o centenario do nacemento do poeta ourensán Celso Emilio Ferreiro. Inspirándonos no seu poema NON, paradigma do inconformismo, fixemos unhas camisetas cos versos que abren e pechan este poema:
NON
Se dixese que si,
que todo está moi ben ,
que o mundo está moi bon,
que cada quen é cada quen...
Conformidá.
Ademiración.
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Se dixese que acaso
as cousas son esí,
porque si,
veleí,
e non lle deamos voltas.
(Si aquil está enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Se algúns van de porta en porta
cun saco de cinzas ás costas
é porque son uns docas).
Se dixera que si...
Entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles
nas festas do patrón.
Pero non.
As camisetas repartímolas entre os integrantes do Club de Lectura, que en tantas actividades participan. Para todo este alumnado e profesorado tan concienciados ¡GRAZAS!
Velaquí o deseño da camiseta e os agrazados:
Lema camiseta centenario Celso Emilio Ferreiro |
Camiseta centenario Celso Emilio Ferreiro |
Parte dos integrantes do Club de Lectura As catro esquinas do Quinto |
Parte dos integrantes do Club de Lectura As catro esquinas do Quinto |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.