Cando o pasado día 18 de abril desenvolvimos a tertulia literaria sobre a obra La estrategia del agua, de Lorenzo Silva, agardabamos que o autor nos honrase coa súa presenza, pero motivos persoais fixérono imposible nese momento, mais prometeunos que o faría en canto puidese. E esa promesa materializouse o pasado día 30 de maio. Lorenzo Silva acudiu á xuntanza co alumnado e profesorado das Tertulias Literarias no Liceo de Ourense. Falounos do labor literario e das motivacións para escribir a saga dos dous inspectores da Garda Civil, Rubén Bevilacqua e Virgina Chamorro; tamén do caso real que inspirou esta novela. Ao final, abriuse unha rolda de preguntas onde vós puidestes facerlle aquelas que vos aclarasen algún aspecto da obra. Foi unha xuntanza moi agradable.
Aquí vos deixo algunhas fotos desa tarde. Seguro que no blogue do Club de Lectura As catro esquinas do Quinto, toparedes con algunhas gravacións desa tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.