O pasado día 21 festexamos o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades en honor de D. Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano.
Reunidos no salón de actos, comenzamos escoitando a biografía cantada que alumnado e profesorado do CEIP de Barrantes de Tomiño (Pontevedra) fixeron e que temos colgada noutra entrada deste blogue.
A continuación, alumnos e alumnas do Club de Lectura As catro esquinas do Quinto puxeron en escena unha pequena representación sobre datos da vida de Valentín Paz Andrade e leron algúns poemas seus. Titúlase Don Valentín Paz, non o santo. Temos que dicir que a súa viaxe a Bruxelas impediulles ensaiar o necesario, así que nos rogan que sexamos indulxentes con eles; ademais unha das actrices tivo que ser substituída inesperadamente ese mesmo día por outro alumno. Con todo, a obra representouse e gravamos un vídeo coa actuación, pero tivemos uns "problemiñas" técnicos que ocasionaron que a lectura do último poema quedase recollido só a medias. Pedimos disculpas aos afectados por isto.
Velaquí os participantes na obra:
Reparto da obra de teatro |
Reparto:
Sabichona: Nerea Sastre (1º ESO)
Pasota: Marcos García (2º ESO)
Pelota: Alba Mª Freire (3º ESO)
Recitadores por orde de aparición:
Tania Cuíñas (3º ESO)
Rodrigo Torres (2º ESO)
Iago Fernández (3º ESO)
Juan Lamas (3º ESO)
Sofía García (1º ESO)
Ana Prieto e Bruno Castro (3º ESO)
Guión: Begoña Calvo
Dirección: Almudena Platero.
Noraboa a todos eles!!
E agora aquí vos deixo a listaxe dos premiados nos distintos concursos:
1º premio de carteis:
Sheila Míguez (1º ESO)
Iria Domínguez (1º ESO)
Uxía Yáñez (1º ESO)
No concurso de lemas para camisetas a gañadora foi Arianna Fernández de 1º ESO.
A Claudia Silva, tamén de 1º ESO, o xurado concedeulle un accésit no concurso de marcapáxinas cun lema para o fomento da lingua galega, quedando o primeiro premio deserto. Noraboa a ela tamén.
Finalmente, Iago Sousa de 2º ESO gañou un pequeno concurso de aula que consistía na normalización da Carta de Prezos da cafetería cun deseño sinxelo e claro, da que se fixeron varios exemplares que foron plastificados e colocados na cafetería. Parabens!
Temos que sinalar que non sabemos que pasou este ano, pero os concursos literarios non obtiveron a resposta desexada, quedando os premios desertos.
Despois da entrega de premios estivemos xogando a un concurso de preguntas e respostas sobre a vida e obra de Valentín Paz Andrada, sendo a xefa de estudos, Amalia, a condutora e moderadora do concurso.
E para rematar, aquí tendes fotos doutros carteis realizados para o concurso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.