1 may 2012

Día das Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Valentín Paz Andrade
Avogado, escritor e activista político, Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra). Faleceu o 19 de abril de 1987.
Estudou Bacharelato en Pontevedra. Posteriormente estudou Dereito en Santiago. Ao rematar os seus estudos dirixe o diario 'Galicia', no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Vilar Ponte.
En 1924 Valentín é condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Despois do alzamento militar contra a República é desterrado a Verín e a Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena (Extremadura).  En 1939 casou con Pilar Rodríguez de Prada. En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias Pesqueras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego. En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado A Galecidade na obra de Guimarães Rosa.
Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión dos 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc).
En 1977 foi elexido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.
Valentín Paz Andrade publicou numerosos artigos periodísticos. Como xurista amosou a súa preocupación pola realidade socio-económica de Galicia en obras como La marginación de Galicia, El capital como factor del desarrollo de Galicia, El sistema económico de la pesca en Galicia, Producción y fluctuación de las pesquerías, Los derechos sobre el espacio marítimo.


OBRAS:

Poesía

Pranto Matricial

  • Pranto matricial (1955). Neste poemario evoca a muerte de Castelao e xa foi reeditada en 1975 en cinco linguas.
  • Sementeira do vento (1968). Canta a paisaxe e a gente galega, ademáis do exilio e o amor ausente.
  • Cen chaves de sombra (1979).
  • Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo
  • (1985).

Sementeira do vento
Cen chaves de sombra










Ensaio literario, histórico e económico

  • Galicia como Tarea (1959).
  • La anunciación de Valle-Inclán (1967).
  • La marginacíón de Galicia (1970).
  • A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978).
  • Castelao na luz e na sombra (Edicións do Castro, 1982).
  • Galiza lavra a sua imagem (1985).


Escribiu  tamén moitos ensaios sobre temas pesqueiros, coma:
  • Los puertos nacionales de pesca. Aportación de Vigo al estudio del problema (1928).
  • Producción y fluctuación de las pesquerías (1954).
Paz Andrade amosa tamén a súa preocupación política en obras como O modelo federal para a constitución do Estado galego e Testimuñas e prespectivas de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978).
Ademais publicou a biografía máis importante que existe sobre Castelao titulada Castelao na luz e na sombra (1982).


Foi membro da Real Academia Galega (1964) e da  Academia Galega das Ciencias (1985), e foi galardoado co Pedrón de Ouro (1975), a Medalla da Cidade de Pontevedra (1979), a Medalla Castelao (1984), a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo (1986) e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986).

(Estes datos están tomados de:

Podedes consultar datos sobre a súa vida e obra en:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.