Quero que vexades esta actividade que fixeron os alumnos e alumnas de CEIP de Barrantes de Tomiño (Pontevedra). Gravaron unha biografía cantada de Valentín Paz-Andrade. Como eles din "o título da
canción, Oitenta e nove mil primaveras, é unha homenaxe implícita aos
89 anos de vida do autor homenaxeado e tamén ao epitafio de Cunqueiro". Fixádevos no estribillo: "rapaces, mirade! Onde pode chegar...? Un pensamento con ganas de soñar..."
Non vos parecen estupendos traballos coma estes!!
Ola dende o Baixo Minho! Fíxonos moita ilusión ver este traballo no voso blogue, pois de cando en vez parecera que berramos nunha grande habitación sen fondo e ás escuras. Parabéns tamén polo blogue e pola vosa laboura, noutro lugar, noutras idades...
ResponderEliminarAgardamos que este estribillo cobre forma no pensamento d@s meniñ@s o día de mañá, e tamén no daquel@s que xa van no instituto, que non perdan as ganas de soñar, como o Valentín(e moitos outros!)
Unha aperta normalizadora.
Grazas a vós por deixarnos esta mostra do que se pode facer cando hai ilusión e ganas de traballar. Nos IES o alumnado, en xeral, empeza moi participativo, mais segundo van medrando outros intereses adolescentes ocupan as súas mentes e vólvense algo nugalláns. Con todo, hai moi honrosas excepcións, e niso andamos, estimulando aos indiferentes e felicitando e premiando aos comprometidos.
EliminarUnha aperta desde a cidade das Burgas!!