20 ene 2012

Tertulia Literaria

     O vindeiro día 24 teremos a tertulia sobre o libro de Xulia Alonso Díaz, Futuro imperfecto. Os nosos tertulianos pertencen na súa maioría ao Club de Lectura e son de 4º ESO e 1ª BAC. 

A xuntanza será no Liceo de Ourense e compartiremos opinións con alumnado dos IES "Otero Pedrayo" e "As Lagoas". 

      O día 26 volveremos reunirnos todos os participantes dos distintos centros implicados nesta actividade para escoitar unha conferencia da propia autora.

  Podedes deixar aquí as vosas impresións, aínda que sei que o estades a facer tamén na Wiki do club.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.