Castro de San Cibrao de Las (Ourense) |
O día 31 de outubro o alumnado de 2º ESO do noso instituto realizou unha saída didáctica proposta polo departamento de Xeografía e Historia e na que colaborou o departamento de Lingua Galega e este EDLG. É unha saída ofertada pola Diputación de Ourense.
O itinerario foi o seguinte:
Primeiro visitamos o castro de San Cibrao de Las, enorme asentamento dos nosos antergos castrexos moi preto de Ourense, no concello de San Amaro, Punxín. É o castro de maior dimensión de Galicia xunto ao de Santa Trega. Os primeiros estudos sobre este castro realizáronos Vicente Risco e Florentino López Cuevillas no ano 1921. Alí esta agora tamén o Parque arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, cuxos monitores e guías nos acompañaron e deron puntual información das partes escavadas do castro, que son só un 10% do total da 15 Ha. que abarca.
Velaquí algunhas fotos da visita:
Alumnado de 2º ESO do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense) |
Despois de xantar foi o momento de coñecer dous museos que comparten edificio na antiga estación de tren de Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense). Esta estación forma parte do proxecto "Estacións Vivas" que promove o Inorde, organismo dependente da Deputación de Ourense, como forma de recuperar as vellas estacións de Renfe rehabilitándoas e revalorizándoas con espazos expositivos. Alí están tanto o Museo do traxe folclórico de Galicia e o Museo do Liño como o Museo Fundación Estanislao Reverter. Este foi un gran deportista galego no eido do automobilismo e promotor do famoso rallye de Ourense.
Fundación Estanislao Reverter |
Finalmente, a nosa terceira parada foi no pazo museo de don Ramón Otero Pedrayo, escritor galego pertencente ao Grupo Nós, importantísimo para a nosa literatura e cultura, autor de obras como Os camiños da vida (1928) , Arredor de si (1930), Contos do camiño e da rúa (1932), Fra Vernero (1934), A romeiría de Xelmírez (1934), O mesón dos Ermos (1936) entre moitas outras obras narrativas; obras de teatro como A lagarada (1928) , ademais de ensaios, obras xornalísticas, epistolarios..
Pazo Museo de don Ramón Otero Pedrayo, concello de Amoeiro (Ourense) |
Foi unha xornada moi proveitosa e lúdica!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.