Este curso o noso instituto celebrou o Día internacional contra a violencia de xénero cunha actividade moi satisfactoria: no barrio da Valenzá, da que procede a maioría do noso alumnado, os mozos e mozas mostraron os seus esforzos por visibilizar a loita contra todo tipo de machismos e contra a violencia sobre as mulleres: pintaron frases nos pasos de peóns, repartiron entre a xente polas rúas frases reivindicativas e globos; nunha carpa expuxeron os carteis e debuxos que o alumnado de todos os cursos fixo. Alí congregose moita xente, familiares, amigos, veciños, representantes do concello, profesorado... Foi unha experiencia moi satisfactoria, emotiva e bonita.
Concluiuse coa lectura por parte de varios alumnos dos seus decálogos en contra da violencia exercida sobre a muller e reivindicando a igualdade de homes e mulleres. De todo demos conta en tempo real na nosa conta de twitter: @endlferro.
Alumnado do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense) |
Andrea Valeria Jiménez, 2º Bacharelato:
Rivas, 2º bacharelato:
Javier Paredes, 2º bacharelato:
Despois colocamos os paneis no instituto:
E por último aquí temos o deseño das camisetas que idearon para os colaboradores:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.