O día 19 de novembro celebramos por terceiro ano consecutivo a festa do magosto xunto co alumnado de 6º de primaria dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro de Barbadás, centros adscritos ao noso IES. Este ano o alumnado de 4ºESO foi o encargado de organizar as actividades lúdicas con xogos variados, e coa axuda da ANPA e vicedirección, fornecéronnos de bocadillos, refrescos e sobremesa polo módico prezo de 5€, cartos que servirán para subvencionar a súa viaxe de final de curso.
Foi unha bonita tarde chea de xogos tradicionais e de comida campestre. Non faltou a fogueira coas castañas asadas.
Tivemos carreiras de sacos, zancos, o xogo da silla, baloncesto, o xogo do pano, xogos de pelota, o xogo de pórlle o rabo ao burro...
Tamén houbo a pita cega, os tres en raia, saltaron á corda...
Pasámolo moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.