8 feb 2019

Día da muller e a nena na Ciencia




O departamento de Física e Química organizou unha visita ao campus universitario para os cursos de 4º ESO e de 1º Bacharelato de Ciencias no Día da nena e a muller científica. 

No marco da conmemoración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, a Escola Superior de Enxeñería Informática, a Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo, a Facultade de Ciencias, o Vicerreitorado do Campus de Ourense e a Unidade de Igualdade da UVigo organizaron a II Edición de "EXXperimenta en feminino", que reuniu a noventa investigadoras e alumnas das titulacións científicas e tecnolóxicas que participan en proxectos para mostrar a alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato de centros de Ourense, as hipóteses sobre as que traballan, os avances conseguidos e as diferentes liñas de investigación nas que están implicadas. A feira, que se celebrou o día 6 de febreiro, tivo formato divulgativo e co obxectivo de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade, facendo fincapé na visibilización das mulleres que traballan nestas áreas.

Foi unha experiencia moi gratificante e produtiva. Déixovos aquí algunhas fotos desa visita.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.