O venres 21 fixemos o festival de Nadal como todos os cursos. Houbo dous escenarios con actividades diferentes: o pavillón dos deportes para as probas físicas e competicións deportivas, e o salón de actos para as actividades artísticas. Para distribuirnos, rotaron os cursos e niveis polos dous escenarios: mentres os de 1º e 2º ESO estaban no salón de actos cos seus bailes e cancións, os maiores practicaban o fútbol e o baloncesto. Despois cambiaron as tornas.
Houbo bailes, actuacións musicais con frauta, con violín e con guitarra. Tamén houbo cantos de panxoliñas, coreografías e mesmo entrevistas. Velaquí algunhas fotos das diferentes actuacións:
|
1º ESO |
|
2º ESO A |
|
2º ESO B |
|
3º ESO |
|
3º ESO |
|
Laura Núñez, 1º Bac. |
|
Gabriel Macías, 3º ESO A |
|
4º ESO |
|
4º ESO |
|
4º ESO |
|
Aldara, de 3º ESO B |
Ata os antigos alumnos veñen visitarnos e saldar contas! Ha ha ha!
Despois de tantas actuacións e deportes, o noso Papá Noel quedou moi canso...
O EDLG deséxavos que pasedes unhas felices festas de Nadal e un próspero Ano Novo 2019!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.