Un ano máis apuntámonos ás Tertulias literarias con alumnado voluntario de 4º da ESO e de 1º Bacharelato. Estas tertulias organízaas a concellalía de educación do Concello de Ourense. Este curso comenzamos co libro en castelán Mejor la ausencia, de Edurne Portela. Tivemos sesións preparatorias e un luns xantamos todos xuntos no instituto.
Como houbo doce centros e máis de douscentos alumnos e alumnas apuntados a esta interesante actividade, repartíronse as tertulias en tres tardes. Nós acudimos o día 19 de febreiro, e o día 21 veu a propia autora a charlar con todos nós.
Laura, Andrea, Laura, Elba, María, Alba. |
Luísa, Mery, Alejandro ,Génesis, Lucía |
A obra deu para unha posta en común moi intensa e participativa. Foi unha experiencia moi satisfactoria, onde os temas do maltrato no fogar, da irrupción das drogas no País Vasco nos anos 80, da Kale Borroka, da ETA, dos GAL... e todo xirando ao redor de Amaia, unha protagonista con luces e sombras.
A próxima tertulia terá como tema a novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal de Arantza Portabales.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.