No Club de lectura As catro esquinas de Quinto, sección profes, tivemos a finais de novembro unha cea literaria para falar da obra Menú de enganos de Manuel Núñez Singala.
Gustounos moito esta proposta de Menú, con entrantes, primeiro prato, segundo prato e sobremesa, pois todos os relatos nos deixaban con ganas de máis. Houbo para todos os gustos, pero neles o engano, o malentendido ou a burla faciánnos seguir ata o seguinte relato (prato). A ver se vós sentides o mesmo ao lelo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.