22 feb 2013

Tertulia Literaria

O pasado día 6 alumnos e alumnas de 4º da ESO participaron nas Tertulias Literarias que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Como desde hai varios anos, o noso instituto participa a través do Club de Lectura. Todos os cursos lemos un libro escrito en galego e outro en castelán e debatemos no Liceo con alumnado doutros centros escolares.  
O libro elexido nesta ocasión era o de castelán. Tratábase de Lágrimas en la lluvia de Rosa Montero.

Participastes con moito entusiasmo e pensamos que vos gustou moito a actividade. Con anterioridade tivemos profesores e vós varias xuntanzas para falar da novela e preparar os temas a debater. Seguro que a que más vos agradou foi o xantar con pizza no instituto!!

Déixovos aquí fotos da tertulia, e espérovos para a seguinte, que será en abril e o libro correspondente é Febre, de Héctor Carré. 














Velaquí o libro que leredes proximamente. Podedes ir xa botándolle un ollo.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.