A obra de Asorey, Premio de Narrativa Breve Repsol 2016, acercounos ó tema dos cangaceiros no Brasil e centrado na historia de tres fortes mulleres; dúas desa parte: a fotógrafa Matilde e a cangaceira María Bonita. Gustou moito esa parte. Houbo disparidade de criterios na parte ó redor de Carme de Candigas, a terceira gran muller, vedora maior nunha Santiago de Compostela imaxinaria, capital da República das Santas Irmandades de Galicia de ter triunfado a revolta Irmandiña. Seica Compostela con mar facíase ben raro! Con todo, a mensaxe é clara e actual: no mundo, desgrazadamente, triunfan os cartos e os negocios mesmo nunha sociedade aparentemente ideal.
Canto á outra novela, houbo unanimidade de opinións: Ya no quedan junglas adonde regresar gustou moito. É unha novela negra en tono de comedia na forma, pero con contido serio no fondo. Recibiu varios premios:
• Gañador do VI Premio Wilkie Collins de Novela Negra
• Gañador do Premio Novepoll 2018
• Gañador do Premio Morella Trufa Negra 2018
As próximas obras seleccionadas para a lectura son un poema de Fernando Pessoa; Enderezo descoñecido, de Kressmann Taylor; e Fariña, de Nacho Carretero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.