A véspera do Día das Letras Galegas celebramos no instituto un pequeno festival en honor de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano, e de Rosalía de Castro no 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos.
O centro engalanouse coma sempre cos carteis do concurso convocado e ao final entregáronse os premios.
O primeiro premio na categoría ESO foi para o cartel de Paula Martínez de 1ª ESO A.
Houbo empate no segundo premio, resultando gañadoras Lara Fernández e Victoria Bastidas, ámbalas dúas alumnas de 1º ESO A.
Na categoría de 4º ESO e bacharelato, o único premio concedido foi para Jessica Fernández de 1º bacharelato:
Velaquí os gañadores:
Para celebrar tamén o 150 aniversario de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, alumnado de distintos cursos recitou poemas deste libro. Podedes velos nestes dous vídeos:
I PARTE
II PARTE
Ángela Blanco e Marcos García de 3º ESO colaboran interpretando a canción Lela.
E para rematar, o Coro do instituto, baixo a batuta da profesora Marosa Vázquez, deleitounos cunhas cancións populares.
Grazas a todos os colaboradores, participantes e público!
Déixovos aquí a revista Ollos de aula co número de maio dedicado a Vidal Bolaño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.