29 may 2013

Dobramos ao galego unha curtametraxe de Tim Burton

O club de lectura do instituto As 4 esquinas do Quinto realizou unha dobraxe adaptada ao galego dunha curtametraxe de Tim Burton,Vincent, como presente para celebrar o Día das Letras Galegas.

Segundo poñen no seu blogue, "é unha curta que fala da influencia da literatura na vida: Vincent Malloy, coma un moderno Quixote, le tanto que remata por non diferenciar moi ben as súas fantasías da realidade. Só que el non le libros de cabalería; non, el é un fervente afeizoado ás terroríficas historias de Edgard Allan Poe, algunhas das cales foron interpretadas no cine por un actor chamado Vincent Price".

O EDLG participou na tradución adaptada. Velaquí o resultado, digno de atención pola vosa parte:




Vincent en galego from AA on Vimeo.

3 comentarios:

  1. E din por aí que foi una "fantástica iniciativa" e que fixemos un "excelente traballo"!! :)
    http://xogosdelingua.blogspot.com.es/2013/06/vincent-en-galego.html
    http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2013/06/unha-curta-de-tim-burton-en-galego.html#comment-form

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa lin! Estarás ben orgullosa, Paloma! Xa sabes, a facer máis!!

      Eliminar
    2. Bueno, bueno, a mín con un chegoume de sobra. Supónse que estas cousas son para que aprendan os nosos alumnos, así que, se é que aprenderon algo, que o fagan eles a próxima vez, non? E se non aprenderon, pois será que non é un esforzo que pague moito a pena.

      Eliminar

Queremos saber a túa opinión.