17 abr 2014

Por qué non len?

Esta novela de Daniel Pennac afonda nos motivos do abandono da lectura nos adolescentes. "O autor reflexiona sobre a lectura, ou mellor dito, sobre as causas polas que os adolescentes deixan de ler nun determinado momento. “En realidade, non é un libro de reflexión sobre a lectura -di o autor-, senón unha tentativa de reconciliación co libro”. A idea é que se perda o medo a ler e se deixe de lado a imposición lectora, porque “o verbo ler non tolera o imperativo”.



Tedes máis información se premedes aquí.

11 abr 2014

Día do Libro (III )

Sobre a morte de Bieito

O terceiro cómic Sobre a morte de Bieito, inspirado no relato homónimo de Rafael Dieste, realizouno Marcos García, de 4º ESO A. Lembrade que os alumnos tiñan que facer tanto o desenvolvemento de contidos coa selección de diálogos, como o encadre, planos, e recursos propios dos cómics como  son as onomatopeas, liñas cinéticas e metáforas visuais.
O cómic de Marcos foi este, que o EDLG editou en vídeo para que todos o vexades. 
Non vos animades a facer algo así para o Día das Letras Galegas?

Se queredes ver os outros dous vídeos con traballos dos vosos compañeiros clickade en aquí e acá.

Tamén podedes ver a dobraxe ao galego que o alumando do club de lectura As catro esquinas do Quinto fixo dunha curtametraxe de Tim Burton titulada Vicent. Fixérona o curso pasado co gallo do Día das Letras Galegas. É un traballo moi bo, podedes velo clickando en aquí.


10 abr 2014

Día do Libro ( II )

Sobre a morte de Bieito

Velaquí vos deixo o segundo cómic editado en vídeo baseado no relato de Rafael Dieste, Sobre a morte de Bieito. Fixeron o cómic Saray Pérez  e Lorena Rodríguez, de 4º ESO A.




Se queredes ver os outros dous cómics desta mesma temática feitos por outros alumnos clickade aquí e acá.

8 abr 2014

Día do Libro ( I )


Adiantámonos este curso a celebrar o Día do Libro cunha actividade na que participaron varios alumnos de 4º ESO.

Sobre a morte de Bieito

Tratábase de pasar a cómic o relato Sobre a morte de Bieito de Rafael Dieste. Os participantes tiveron que planificar as viñetas seleccionando o seu contido, tipo de plano, encadre, os diálogos... e recursos como onomatopeas, liñas cinéticas ou metáforas visuais.

O resultado foron tres magníficos cómics que o EDLG se encargou de editar en vídeo.

O primeiro cómic que vos presentamos realizárono Rodrigo Torres, Gabriel González e Martín Sierra.



Se queredes ver o segundo vídeo premede  aquí. Para o terceiro pulsade  acá.

1 abr 2014

Xosé María Díaz Castro

Xa sabedes que este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta Xosé María Díaz Castro, e para que o vaiades coñecendo fixen un videopoema cunha das súas poesías. Espero que isto vos anime a presentar traballos sobre el.


6 mar 2014

Festa do Entroido 2014

Como xa é habitual, o noso instituto celebrou a festa do Entroido cun concurso de sobremesas, máscaras e disfraces.








O xurado deliberando.


  
O primeiro premio foi para Alba, Eva e María de 1º ESO A. O segundo para  Miriam e Lara de 2º ESO A e o terceiro para Nerea e Iria de 3º ESO.

No concurso de disfraces os resultados das votacións foron os seguintes:

Categoría individual
1º premio para Rebeca López, de 2º ESO A, co seu disfraz dun aloucado Napoleón


O 2º premio levouno Adrián, de 3º ESO, unha velliña.


Categoría parellas:
Premio para Rodrigo e Marcos, de 4º ESO, "Finn e Jack".


Categoría grupos:
1º premio para 1º de bacharelato por "Circo"


2º premio para 2º bacharelato por "Galletas".


3º premio para Íker, Óscar  e José Javier de 1º ESO B por "Rapaces e moza"


Aquí tendes unha presentación con fotos dos disfraces participantes:


Entroido 2014 from begonaprofe

 
Vídeos dalgunhas actuacións:

Marcos e Rodrigo (4º ESO)




1º Bacharelato con "Circo" e tendo a Alejandro (3º ESO) como mestre de cerimonias:



E finalmente, "Galletas" de 2º bacharelato: