28 nov 2016

Xuntanzas de Clubs de Lectura

No Club de Lectura As catro esquinas do Quinto traballaron co grupo de 2º ESO na obra O faro escuro de María López Sández. Deste libro non só tiveron sesións no instituto, tamén realizaron unha estupenda xuntanza cos nosos compañeiros do club de lectura do IES XULIO PRIETO NESPEREIRA. Foi un almorzo divertido, con xogos, amigo invisible e debate. Algunhas das cuestións que se trataron foron: "Fixo ben Carolina deixando ao rapaz? É bo ou malo o fareiro?". 






Quedaron tan satisfeitos que están pensando repetir a experiencia.

23 nov 2016

Magosto 2016


Este ano o Magosto estivo pasado por auga. Durante a mañá caeron chuzos, unhas boas chaparradas, pero por sorte foi escampando e para o xantar aínda puidemos facer a fogueira, asar as castañas e comer uns chourizos. Foi o que nos deron mercando o boleto aos alumnos de 4ºESO, que están a xuntar cartos para a súa excursión de final de curso. Tamén houbo sobremesas!

Este ano convidamos o alumnado de 6º de primaria dos colexios adscritos ao noso instituto: O CEIP Filometa Dato e o CEIP O Ruxidoiro, ambos da Valenzá. Con esta xuntanza pretendemos que vaian coñecendo o centro que pronto será o seu, ademais de estreitar lazos entre o alumnado.

O ritual de tinxir a cara coa cinza da fogueira foi o inicio dunha serie de xogos tradicionais nos que todos participamos:
O xogo dos sacos:



O xogo da chave:

O xogo da ra:



Os tres en raia:


O xogo do pano:


Xogos de precisión:




Pasámolo moi ben!






Se queredes información sobre a orixe, refráns e costumes desta festa popular dos magostos,   premede aquí!

31 oct 2016

Gañadores do concurso do Samaín 2016

Coas tarxetas sobre o Samaín que realizou o alumnado de 1º ESO adornouse o recibidor do instituto. Velaquí o resultado:





Por suposto estas tarxetas participaron nun concurso e o xurado escolleu o día 28 as seguintes como premiadas:
O 1º premio foi para  Anxo Estévez, de 1º ESO A


Houbo un empate no 2º premio, que compartiron ex-aquo Paula Orbán, de 1º ESO B e Gael Fernández, de 1º ESO A.



 Tamén tivemos un concurso de cabazas e adornos de Samaín. Este ano a participación foi ben escasa, non sabemos o porqué.
Levou o 1º premio o neno aterrador de Paula Carrera, de 3º ESO A e o 2º premio o escenario que elaborou Rebeca López de 1º bacharelato.



A profe Amalia Fernández foi a gañadora no apartado do concurso de cabazas de profes e persoal non docente. Representaba un pequeno vampiro.



Grazas a todos os participantes e parabéns aos gañadores!

Paula, Gael e Anxo.     

Rebeca e Paula
















5 oct 2016

Concurso de Samaín





SAMAÍN 2016
CONCURSO DE CABAZAS E OBXECTOS DE DECORACIÓN  PARA SAMAÍN

Para alumnado, profesorado e persoal non docente.
Data límite de entrega:27 de outubro. 
Haberá tres premios para o alumnado e un para o profesorado/persoal non docente :material escolar e
obxectos de Samaín. 
Exporanse no recibidor do centro todas as cabazas e os mellores obxectos de decoración participantes. 
Exporanse no blog todos os traballos resaltando os premiados. 

                        ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

Se queredes ver os traballos doutros anos premede na etiqueta  Samaín do menú.

Se preferides ler unhas boas lendas de medo recollidas por alumnos/as  deste centro, ide ao Samaín de 2014, premendo aquí. 

Se queredes información sobre esta festa, pulsade  aquí.


 

29 sept 2016

Curso 2016-17. Benvida!


Ola, lectores, visitantes e comunidade escolar do IES Xesús Ferro Couselo!

Xa estamos outro novo curso aquí, intentando incentivar o uso da nosa lingua e recollendo neste blog o froito da vosa participación e dos traballos, que espero que sexan, como mínimo tan xenerosos coma sempre (e se poden ser, máis). 

Seguides a ser tímidos á hora de comentar no blog ou facer suxestións. Sabede que desde hai dous cursos tendes outra vía para facelo: a través do twitter no EDLG: @ENDLFerro .

Este curso temos a dificultade engadida de que as terribles reducións de persoal fan imposible abarcar todo o que nos gustaría facer co alumnado e profesorado, así que intentaremos, polo menos, manter aquelas actividades con mellores resultados, aquelas orientadas aos propios alumnos.

De novo a que vos fala é a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a creadora deste blog, que manterei de momento.

E a actividade coa que iniciaremos o novo curso xa é tradicional no centro: celebrar a Festa do Samaín.
Déixovos aquí o enlace de información sobre esta festa:

Saúdos!
Begoña Calvo Álvarez.