15 jun 2017

A nosa biblioteca

O galego ten, por suposto, boa visibilidade e uso na nosa biblioteca. Non só porque é centro de reunións dos integrantes do Club de Lectura, sesións de audicións de Samaín etc., senón porque o idioma está presente en anuncios no taboleiro e suxestións de novos libros para os seus fondos.





Peticións de libros para o fondo:






9 jun 2017

Fotografía matemática

Recollemos aquí unha actividade moi interesante que levou a cabo o departamento de Matématicas. O alumnado tiña que facer fotografías que recollesen elementos matemáticos. 

Podían facerse con obxectos que atopasen ao seu paso ou crealos facendo composicións

Os gañadores recibiron como agasallo unha camiseta coa  foto elexida impresa.







5 jun 2017

Grupo de teatro: O mago de Oz

O grupo Quinto teatro do noso IES participou por segundo ano consecutivo na MOTECES (mostra de teatro escolar) con enorme éxito. Tamén no noso centro puxeron en escena a obra O mago de Oz, baseada na novela infantil de L. Frank Baum, e coa adaptación da directora do grupo Quinto teatro, dona Margarita Varela.
Gozamos da representación tanto o alumando e profesorado o día 31 de maio, como as nais e pais o fixeron ó día seguinte en sesión de tarde.

Este curso a lingua usada foi o castelán, porque o ano pasado usaron o galego en Ánxelica ás portas do ceo, de E. Blanco Amor (podedes ver as fotos de entón premendo aquí).

O alumnado da materia de plástica de 2º de bacharelato foi o encargado de deseñar e debuxar os decorados, baixo a supervisión da súa profesora, Ana Rosa.

Velaquí o magnífico resultado: 

Elenco de Quinto teatro







Paula, Yaiza, Verónica, Daniel e María







23 may 2017

Poesía con Yolanda Castaño


Dentro do marco das actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, recibimos unha invitación por parte da Casa da Cultura da Valenzá (Barbadás ) para acudir ao recital multimedia de poesía por parte da escritora Yolanda Castaño.

Acudimos con moito gusto co alumnado de 3º ESO, que asistiu ao recitado de poemas por parte da poetisa, e tamén ao visionado de poemas musicados e videopoemas  seus.



Foi unha experiencia que sorprendeu a moitos alumnos e alumnas gratamente, pouco afeitos a abordar deste xeito a lírica.

17 may 2017

Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares. 50º aniversario de "Vento ferido"

Outra actividade deseñada no IES Xesús Ferro Couselo para conmemorar o Día das Letras Galegas 2017, -e aproveitando o 50º aniversario da publicación de Vento ferido (1967), libro do homenaxeado Carlos Casares-, foi levada a cabo polo alumnado da materia de Plástica de 4º da ESO, a proposta deste Equipo de Normalización da Lingua Galega, e en colaboración co departamento Plástica e de LG, que lles facilitou o libro. Foi un proxecto trimestral que consistía en idear portada e contraportada para cada relato de Vento ferido. O resultado foi espectacular e imprimíronse as propostas sobre cartón pluma, quedando expostas no recibidor do centro escolar. Todos os participantes recibiron un pequeno agasallo e os máis destacados algún outro detalle.

Velaquí os orgullosos deseñadores:









Tamén colocamos unha mesa expositoria coas obras de Carlos Casares que temos nos fondos da nosa biblioteca.





No Presentación que vai a seguir podedes ver en detalle as obras realizadas:


















Non vos parecen espectaculares?

Parabéns a estes alumnos e alumnas tan creativos e á profe Ana Rosa, que tan ben os organizou!

Alumnado da materia de Plástica de 4º ESO (2016-17)
coa profesora Ana Rosa.

16 may 2017

Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares e "Un polbo xigante"

Para conmemorar este curso o Día das Letras Galegas fixemos varias actividades. Para os de 1º ciclo da ESO e da man da Casa dos Poetas e da súa 4ª Semana Das Letras Galegas, decidimos que na clase de 1º ESO A, os alumnos e alumnas inventaran unha historia a partir dun pequeno fragmento de Un polbo xigante (2000), obra de Carlos Casares. Déuselles a todos un ou dous folios que tamén podían decorar. A actividade gustoulles moito e en parellas realizaron os seguintes textos que vos deixamos a continuación.
Mirade como estaban concentrados na actividade:












Se queredes saber máis cousas sobre este autor ourensán, podedes visitar a páxina da Fundación Carlos Casares.