Novas entregas da revista Ollos de aula:
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense). 2010-2021
19 mar 2014
6 mar 2014
Festa do Entroido 2014
Como xa é habitual, o noso instituto celebrou a festa do Entroido cun concurso de sobremesas, máscaras e disfraces.
O xurado deliberando.
O primeiro premio foi para Alba, Eva e María de 1º ESO A. O segundo para Miriam e Lara de 2º ESO A e o terceiro para Nerea e Iria de 3º ESO.
No concurso de disfraces os resultados das votacións foron os seguintes:
Categoría individual
1º premio para Rebeca López, de 2º ESO A, co seu disfraz dun aloucado Napoleón
O 2º premio levouno Adrián, de 3º ESO, unha velliña.

Categoría parellas:
Premio para Rodrigo e Marcos, de 4º ESO, "Finn e Jack".
Categoría grupos:
1º premio para 1º de bacharelato por "Circo"
2º premio para 2º bacharelato por "Galletas".
3º premio para Íker, Óscar e José Javier de 1º ESO B por "Rapaces e moza"
Aquí tendes unha presentación con fotos dos disfraces participantes:
1º Bacharelato con "Circo" e tendo a Alejandro (3º ESO) como mestre de cerimonias:
E finalmente, "Galletas" de 2º bacharelato:
14 feb 2014
Poemas de amor...por san Valentín
Este ano quixemos celebrar o Día do Amor e dos Namorados coa lectura de poemas que falen do amor desde distintos tonos e ópticas, de diversas épocas e autores, e en lingua galega, portuguesa, castelá, en francés e inglés.
O resultado é este video, onde dezasete alumnas e alumnos do noso instituto len un poema de forma improvisada, pódese dicir que captados no momento, sin preparación previa. Espero que vos guste e xa sabedes...
... o amor, sempre o amor.
... o amor, sempre o amor.
13 feb 2014
Tertulia literaria sobre "Faneca Brava"
O día 12 de febreiro tivemos a xuntanza dos nosos alumnos e alumnas de 1º bacharelato para realizar a actividade "Tertulias literarias" no Liceo de Ourense xunto co alumnado do IES Xulio Prieto Nespereira e IES Eduardo Blanco Amor.
A obra sobre a que debatemos foi Faneca brava, de Manuel Portas, autor co que nos xuntamos ao día seguinte.
Houbo distintas opinións sobre a novela. A uns sorprendeulles a situación da muller na etapa da ditadura franquista, as escolas da época, o poder da Igrexa. O tema dos abusos sexuais non deixou indiferente a ninguén. Outros, en cambio, non comprenderon tan ben o tipo de "vinganza" da curmá Concha, a protagonista da novela. En todo caso, a novela deu para unha boa parola.
Ao día seguinte, no salón nobre do Liceo, Manuel Portas falounos sobre a obra e recibou encantado as vosas preguntas.
![]() |
| Manuel Portas |
28 ene 2014
Preparación das tertulias literarias
Proximamente teremos a I sesión das Tertulias Literarias do curso 2013-14 no Liceo de Ourense. Mentres chega o día, que será o 12 de febreiro e a conferencia do autor o 13, estamos preparando a tertulia e os debates coa lectura pormenorizada da novela Faneca Brava de Manuel Portas.
14 ene 2014
Humor... e poesía
A volta ás aulas ás veces faise pesada, non? Pois para animar este regreso á rutina nada mellor que un toque de humor. Este vídeo reúne humor, crítica e... poesía.
Kevin, poeta é o título deste vídeo. A poesía sóavos, non si?
Velaquí unha pequena homenaxe (con humor) a Rosalía de Castro.
Kevin, poeta é o título deste vídeo. A poesía sóavos, non si?
Velaquí unha pequena homenaxe (con humor) a Rosalía de Castro.
23 dic 2013
Festival de Nadal 2013
E chegou o día das vacacións de Nadal, e un ano máis houbo actividades que vós mesmos programastes. Ben... houbo algúns que se apuntaron a ultimísima hora, pero penso que lles quedou claro que ou se participa ou... un queda na aula sen admirar os divertidos espectáculos que cada clase ideou e preparou.
Para empezar, Yanelfy, Alba, Eva e María de 1º ESO fixeron unha coreografía coa canción Euphoria de Loreen.
A continuación Manuel Alonso, de 1º ESO A, interpretou coa gaita unha peza popular galega:
Coa música seguimos, pois catro alumnos de 1º e 2º ESO fixeron un playback.
Tania, Ainoha e Sheila de 3º ESO e Bárbara de 4º ESO cantaron a cappella "Lady Marmalade".
Tampouco faltou un número de ximnasia rítmica a cargo de Nerea (3º ESO) e Yanira, de 1º ESO A.
O mestre de cerimonia, Alejandro, de 3º ESO, preparou un número de Telepatía, humor e maxia:
Na "repesca", alumnado de 1º e 2º de bacharelato improvisou un bailiño; por alí se colou Íker, de 1º ESO:
Pouco antes de rematar as actuacións entregamos os premios do concurso de tarxetas de Nadal: Roberto Lamas (1º ESO B) e Rebeca López (2º ESO A) levaron o 1º e 2º premio respectivamente. Estaba ausente Alberto Rodríguez (2º ESO A), que acadou o 3º premio.
Pechamos o festival coa actuación do coro do instituto que, baixo a batuta de Marosa Vázquez, interpretou para nós as seguintes panxoliñas:
"Deck de Halls", melodía popular galesa do séc. XVI
"Il est né le divin enfant", popular francesa do séc. XIX
"Na noite máis fermosa", popular galega.
"O carrapuchiño", popular galega.
"Adeste fideles".
Tania, Ainoha e Sheila de 3º ESO e Bárbara de 4º ESO cantaron a cappella "Lady Marmalade".
Tampouco faltou un número de ximnasia rítmica a cargo de Nerea (3º ESO) e Yanira, de 1º ESO A.
Miguel Álvarez, de 1º ESO A, tocou o saxo para nós:
Na "repesca", alumnado de 1º e 2º de bacharelato improvisou un bailiño; por alí se colou Íker, de 1º ESO:
Pouco antes de rematar as actuacións entregamos os premios do concurso de tarxetas de Nadal: Roberto Lamas (1º ESO B) e Rebeca López (2º ESO A) levaron o 1º e 2º premio respectivamente. Estaba ausente Alberto Rodríguez (2º ESO A), que acadou o 3º premio.
Pechamos o festival coa actuación do coro do instituto que, baixo a batuta de Marosa Vázquez, interpretou para nós as seguintes panxoliñas:
"Deck de Halls", melodía popular galesa do séc. XVI
"Il est né le divin enfant", popular francesa do séc. XIX
"Na noite máis fermosa", popular galega.
"O carrapuchiño", popular galega.
"Adeste fideles".
Grazas a todos os participantes, asistentes e a todos aqueles que fixeron posible a realización deste festival!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)