24 abr 2015

II Tertulia Literaria 2015: "Matarte lentamente"



O día 21 de abril alumnado do noso instituto participou na tertulia literaria sobre a novela Matarte lentamente de Diego Ameixeiras. A variedade de temas que toca a novela deu para un debate moi animado e interesante: a desesperación que leva a unha persoa a facer de mula transportando drogas, a desesperación dos afectados pola compra das preferentes, as enfermidades raras que levan a un pai a cometer un crime, o aborto nunha adolescente... De todo falamos polo miúdo.

O día 23 foi o propio autor quen se achegou ata o Liceo de Ourense para nos vir falar da obra, e de paso celebramos con el o Día Do Libro. Todas aquelas cuestións que provocaran dúbidas ou curiosidade na nosa tertulia foron aclaradas por Diego Ameixeiras, a quen, de paso, felicitamos polo seu recentísimo premio Antón Losada Diéguez de narrativa pola última obra, Conduce rápido.






Diego Ameixeiras








9 feb 2015

I Tertulia literaria do ano 2015

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato apuntouse este curso a unhas novas xornadas das Tertulias Literarias organizadas pola concellaría de Educación do Concello de Ourense. Xa sabedes que o profesorado participante elixe un libro en castelán e outro en galego, e concorren os Institutos da provincia que o desexen. Nós xa levamos moitos anos ofertando esta actividade aos nosos alumnos con magníficos resultados, sempre orientada aos niveis de 4ºESO e 1º BAC. 

O día 3 de febreiro tivemos a tertulia do libro en castelán. Tratábase de Lo que esconde tu nombre, de Clara Sánchez. Durante varias sesións previas falamos cos nosos alumnos da obra, eles ían vertendo as súas opinións e dúbidas. O tema de fondo (nazis refuxiados en España) interesoulles moito e relacionárono cos grupos neonazis que existen na actualidade. Tamén as relacións familiares e a personalidade dos protagonistas, Sandra e Julián, tan diferentes e, sen embargo, próximos na necesidade de saber.


Compartimos tertulia no Liceo co alumnado dos IES de Allariz e de Xinzo de Limia. Foi, como non, unha moi boa experiencia.

Aquí vos deixo algunhas fotos dese día. 








A próxima tertulia será en abril co libro en galego. O elexido é Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras. Animádevos a participar!


30 ene 2015

Día da Paz 2015

Como acto conmemorativo do Día da Paz os alumnos do instituto elaboraron carteis con mensaxes sobre a paz utilizando o galego, castelán, francés e inglés. Tamén recolleron noticias dos xornais que falaban dalgún acto violento para así tomar conciencia da multitude de agresións que existen e dos conflitos bélicos que hai hoxe.












23 dic 2014

Felices festas de Nadal

O Equipo de Dinamización da Lingua Galerga (EDLG) desexa a toda a comunidade escolar do IES Xesús Ferro Couselo unhas felices festas de nadal e un próspero ano 2015.


20 dic 2014

Festival de Nadal 2014

O venres 19 celebramos o festival de Nadal con moitas actividades preparadas polos propios alumnos. Houbo tamén a entrega de premios do concurso de Tartexas de Nadal e a actuación do coro do instituto.












O primeiro premio recaeu na tarxeta de Elba Núñez Suárez de 1ºESO A.



Elba, á dereita da imaxe.


O 2º premio foi para Borja Fernández Ojea de 1º ESO B.



18 dic 2014

Defensa das variantes dialectais do galego II

Defensa da variante dialectal do galego oriental.




Só falta o bloque central. Como dixo a profe Paloma, por que non vos animades a facer a defensa da variante dialectal central do galego?