31 oct 2017

SAMAÍN 2017



Xa chegou un novo Samaín ao instituto! Coas tarxetas e cabazas que se presentaron a concurso adornamos o recibidor do centro e procedeuse á votación.





Os gañadores dos apartados foron os seguintes:

CONCURSO DE TARXETAS  (1º ciclo da ESO)

1º premio para Uxía Valado, de 1º ESO B.




2º premio para Naiara Quintas, de 1º ESO B.



3º premio ex aequo para  Patricia Rodríguez, de 1º ESO B, e para Pepe Rodríguez, de 2º ESO B.





CONCURSO DE CABAZAS E ESCENARIOS TERRORÍFICOS

1º premio para  Tania Gómez, de 1º ESO B.



2º premio para  Miguel Duvan Donneys, de 1º ESO B.







CONCURSO DE CABAZAS
DO PROFESORADO/PERSOAL NON DOCENTE

1º premio para Noemi, profesora de matemáticas.


2º premio para Mª José, profesora de Física e Química.


O concurso suscitou moito interese!



Parabéns aos gañadores e gañadoras e grazas a tódolos participantes!






6 oct 2017

Concursos de Samaín 2017



CONCURSO DE SAMAÍN


CONCURSO DE CABAZAS E OBXECTOS DE DECORACIÓN TERRORÍFICA



Para alumnado, profesorado e  persoal non docente.

Data límite de entrega: 30 de outubro.

Haberá tres premios para o alumnado e un para o profesorado/persoal non docente: material escolar e obxectos de Samaín.

Exporanse no recibidor do centro todas as cabazas e os mellores obxectos de decoración participantes.

Exporanse no blog todos os traballos, salientando os premiados.

CONCURSO DE  CARTEIS OU TARXETAS 
 DE  SAMAÍN
Para o alumnado do primeiro ciclo da ESO.
Entregaranse antes do 26 de outubro.
Haberá tres premios.
Exporanse no recibidor do centro todas as tarxetas e carteis participantes.

Exporanse no blog os traballos, salientando os premiados.
PARTICIPADE!!
Participantes curso 2016-17

29 sept 2017

Curso 2017-18

Xa estamos aquí outra vez, novo curso e novas ilusións!


O profesorado pertencente ao Club de lectura As catro esquinas do Quinto (lembrade que ao noso IES Xesús Ferro Couselo aínda se lle coñece por este nome, xa que no seu momento foi o quinto instituto da cidade de Ourense) fixo os deberes de verán, posto que tiñamos dúas lecturas previstas para setembro. Unha era O anxo negro, de Manuel Gago; a outra, Patria de Fernando Aramburu.

Nunha das nosas ceas literarias falamos da novela de Gago, que ambientada nos anos oitenta na zona da Costa da Morte,  trata o tema do expolio do noso patrimonio cultural (figuras relixiosas, retablos, cruceiros, etc.), pero enmarcado nunha acción chea de intriga e de saltos ao pasado, chegando incluso á epoca dos ataques do pirata Drake ás nosas costas. Identificámonos coa idiosincrasia galega, os costumes; tamén aparece a devoción poular, a maneira do facer nas vilas e lugares etc. Gustounos moito.


A verdade é que o pasamos xenial nestas ceas, onde intercambiamos opinións, debatemos e colegueamos. De feito, moitos dos profes xa non están no noso instituto, pero seguen vinculados ao noso club de lectura.


Do libro en castelán, Patria, de Aramburu, habería moito que falar. En todos deixou pegada. O tema da violencia en Euskadi, reflectida nas dúas familias protagonistas, fíxonos pensar. Houbo quen opinou que chegado un punto era repetitivo e poderíase abreviar (xa imaxinades quen!).



Os próximos libros que leremos son Babilonia de Yasmina Reza e Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira. A cea literaria será en decembro, xa vos contarei!




E con estas lecturas  damos comenzo ás actividades do EDLG do novo curso que comenza. Los miniclubs de alumnos/as comenzarán moi pronto. 
Xa vos iremos contando que len!

25 jun 2017

Lecturas de verán

Non quero despedir o curso sen facervos algunhas recomendacións de lecturas para esas longas tardes de verán.

Para os cursos de 1º e 2º da ESO, animádevos con:
Premio Merlín 2016, Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias.


Ou A chave da Atlántida, de Anxo Fariña.



3º e 4º da ESO poden animarse con  Engurras, de Paco Roca. 



Ou, por suposto, coa magnífica novela gráfica Ardalén, de Miguelanxo Prado. Esta obra recibiu o Premio Nacional de Cómic. Ardalén é unha historia sobre os recordos e a memoria, e como podemos manipular, de maneira consciente ou inconsciente,  esas lembranzas de acordo cos nosos intereses.



1º e 2º de bacharelato. Recoméndovos a obra anterior, por suposto, e tamén estoutras dúas de Miguelanxo Prado que lin recentemente e que moito me gustaron. Refírome a Trazo de xiz e Presas fáciles, ámbalas dúas novelas gráficas (ou cómics) editadas por El patito editorial. 



Se sodes amantes da poesía, que tal  Na casa da avoa, de Marta Dacosta?


Preferides novela? Pois a ver que vos parece Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo.



E para os que vos guste afondar no pasado con altas doses de intriga, metédelle o dente a Izan o da saca, de Xabier Quiroga.

 Intriga, cultura e un gran misterio en torno a Rosalía de Castro? A vosa novela é A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.




Nas bibliotecas públicas habedes atopar estas e outras xoias.


E con esta entrada despídome por este curso escolar. Grazas aos membros do EDLG e a todos aqueles que participaron nas nosas actividades, colaborando e animando. Parabéns a todos os premiados e aos que participaron en concursos e obradoiros.

Vémonos o vindeiro curso!! Bo verán e boas lecturas!!








15 jun 2017

A nosa biblioteca

O galego ten, por suposto, boa visibilidade e uso na nosa biblioteca. Non só porque é centro de reunións dos integrantes do Club de Lectura, sesións de audicións de Samaín etc., senón porque o idioma está presente en anuncios no taboleiro e suxestións de novos libros para os seus fondos.





Peticións de libros para o fondo:






9 jun 2017

Fotografía matemática

Recollemos aquí unha actividade moi interesante que levou a cabo o departamento de Matématicas. O alumnado tiña que facer fotografías que recollesen elementos matemáticos. 

Podían facerse con obxectos que atopasen ao seu paso ou crealos facendo composicións

Os gañadores recibiron como agasallo unha camiseta coa  foto elexida impresa.