Antón Fraguas. Traballo de Susana Marlene Moreira da Silva (1º bac. A)
Xa estamos recollendo os traballos que o alumnado de 1º bacharelato está realizando sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
A maioría son presentacións en diversos formatos, mais tamén temos carteis e murais que colocaremos no taboleiro do vestíbulo do instituto, como adoitamos facer cada curso.
Déixovos aquí un adianto: este cartel que elaborou Susana Marlene Moreira Da Silva, de 1º Bac. A; e esta presentación realizada por Elba Núñez Suárez e Alba Valdés Celís, de 1º bac. A.
Outra presentación, esta de Adolfo Pereira Sueiro, de 1º bac. B .
Presentación de Alexandra Morán Iglesias, de 1º Bac.A
Traballo de Pablo Blanco Quelle e de Daniel Sousa Rodríguez, de 1º bac.A
Traballo de Hugo Fernández Fernández, de 1º Bac. B.
Os días 24 e 25 de abril tivemos as tertulias literarias de galego que organiza cos institutos de Ourense e de varios da provincia a Concellalía de Educación e Cultura do concello de Ourense. Nesta ocasión a obra que nos reuniu foi Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales.
Previamente fixemos algunhas reunións para ir comentando aspectos da obra, tales como as actitudes e comportamentos das catro protagonistas: Marina, Carmela, Viviana e Sara.
Tivemos mesmo un xantar de convivencia no instituto para falar da obra e ultimar detalles.
O noso centro foi o encargado de abrir a tertulia do grupo, no que estaban tamén o IES Otero Pedrayo, IES Universidade Laboral e IES O Couto, e fixémolo cun breve vídeo de presentación que fixeron tres alumnas e un alumno de 1º bacharelato, en representación dos doce que participaban desta grata actividade voluntaria.
No debate que se orixinou saíron temas como a dependencia emocional, a presión nas mulleres pola maternidade, o amor e protección a un fillo por encima da propia necesidade de velo ou estar con el; a violencia no fogar; o caso da violación de Ali (Viviana) e a incomprensible actitude e silencio da súa nai; tamén o baleiro existencial, a sensación de confusión e desorientación de Sara. E por riba de todo, a incomunicación que leva ás protagonistas a falar cos seus receptores a través de contestadores automáticos para informalos de todo o que lles pasara ou pasaba e do que non se atrevían a facelo cara a cara. De todo falamos nós a viva voz.
Álex, Diana, Lucía, Génesis, Laura e Andrea
Elba, Antía, Alesandra, Alba e Laura.
Ao día seguinte, tivemos a ocasión de reunirnos coa autora no salón nobre do Liceo para que ela nos falara da obra e aclarara calquera cuestión que lle quixeramos propoñer. Foi un faladoiro moi interesante e ao final asinou a novela a quen llo solicitou.
Este curso, o instituto convocou o I concurso fotográfico Creando igualdade ofrecemos o mellor de nós, enmarcado nos actos do Día da Muller.
Calquera alumno/a podía presentar ata tres fotografías que reflectisen a igualdade de homes e mulleres en distintos ámbitos. Os premios son ben interesantes, e aínda está aberta a presentación. Daremos conta do resultado do certame tralas votacións.
O alumnado de 1º da ESO elaborou carteis sobre mulleres científicas dentro das actividades programadas polo departamento de Bioloxía para celebrar tanto o Día da Muller como o papel da Muller na Ciencia.