Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense). 2010-2021
17 may 2021
Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (VII). O rap da lingua
Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (VI)
A Denuncia do equilibrio (1986) foi o primeiro poemario da escritora Xela Arias, a quen se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano 2021.
O alumnado que participa no proxecto Aula Verde homenaxeou a escritora facendo reinterpretacións da portada deste poemario utilizando elementos de reciclaxe. Cos carteis adornamos o noso instituto e participarán no concurso que teñen establecido por aulas no devandito proxecto Aula Verde.
Parabéns! Son espectaculares!
Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (V)
O Equipo da Biblioteca únese á celebración do Día das Letras Galegas 2021 adornando o recibidor do centro cun cartel realizado exprofeso e custodiado por uns monecos que encarnan o espírito das nosas tradicións ao vestir o noso traxe. Dende aquí dámoslle as grazas a Loli, do servizo de limpeza, que nos prestou os traxes e as zocas.
Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (IV)
O alumnado de 2º ESO seleccionou palabras que comenzan con xe ou que a inclúen para realizar unha pequena homenaxe a Xela Arias no Día das Letras Galegas 2021. Xela con Xe é o lema que os motivou. Con eles adornamos as paredes do noso instituto.
Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (III)
Un dos traballos realizados polo alumnado de 3º de ESO para celebrar o Día das Letras Galegas foi investigar sobre as mulleres ás que se lles concedeu dita homenaxe.
O resultado foi exposto polos corredores do noso IES, e o EDLG premiou os mellores.
Velaquí as alumnas premiadas:
Aldara Baltar Baltar, de 3º ESO C.
Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (II)
Alumnado de 1º Bacharelato ofreceuse para ler unha escolma de poemas de Xela Arias, autora homenaxeada este ano no Día Das Letras Galegas. Quixeron deste modo honrar á poeta de Sarria.
Grazas a todos e a todas por participar!
14 may 2021
Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (I)
O claustro do IES Xesús Ferro Couselo sumouse á homenaxe a Xela Arias neste Día das Letras Galegas 2021 coa lectura dun poema de Intempériome, poemario publicado no ano do seu pasamento, en 2003.
Grazas a todos e todas por participar!































