26 dic 2012

Festival de Nadal

      O día 21 celebramos no instituto a chegada do Nadal cunha serie de actividades organizadas principalmente polo Club de Lectura (con Almudena e Paloma á cabeza) e por varios profesores cos seus alumnos, como son Roberto, de música, e Marosa, de matemáticas. Outras actividades foron propostas polos propios alumnos/as e os resultados foron espectaculares. É moi satisfactorio comprobar como cada curso vai en aumento a participación do alumnado e a colaboración do profesorado. Ao final tamén entregamos os premios do concurso de tarxetas de nadal organizado polo EDLG.

Ana e Alba (4º ESO) exerceron de presentadoras:

Ana Prieto e Alba Mª Freire




Empezou o festival cunha revisión de famosos contos infantís (a cargo de alumnado de 1º ESO do club de lectura), entre eles unha Cincenta moi marchosa e unha Carapuchiña vermella que acode en salvación do cocho previsor de Os tres porquiños (versión do libro Contos en verso para nenos perversos de Roald Dahl), pero resulta que un non se pode fiar dunha carrapuchiña con corsé. He he!!

Os narradores do conto

Paula é a Cincenta moderna

O príncipe Iago co zapato perdido na discoteca


O elenco de A Cincenta


Rebeca é o lobo de Os tres porquiños

O porquiño

A Carapuchiña Ana Rosa atende a chamada de auxilio do porco

O lobo ataca a Carapuchiña vermella

Pero ela desfaise do lobo e do porco.

Despois houbo varias actuacións musicais a cargo do alumnado de 3º ESO baixo a batuta do seu profe, Roberto.









Marcos García Fernández e Lorena Rodríguez Quintas, ambos de 3ºESO, deleitáronnos cun concerto de saxo e clarinete:






O coro, con Marosa de profesora, sorprendeunos cunhas panxoliñas en galego: 





Tamén interpretaron estes rapaces e rapazas unha panxoliña en francés:


º


O latín tamén é unha boa lingua para cantar panxoliñas...





Houbo ocasión ademáis para descubrir talentos particulares como o "Monólogo sobre o WathsApp" que presentou Marcos García, de 3º ESO, ou o recital de poemas de Ángela Blanco, tamén de 3º ESO.




Outros tres alumnos de 3º ESO da asignatura "Historia e cultura das relixións" idearon un curioso diálogo entre Buda, Deus e un raposeiro Diaño, titulado "Es mi turno". Son Iago Fernández, Joel Domínguez e Alejandro Rodríguez.




E finalmente temos que sinalar o extraordinario traballo de dous grupos distintos de alumnos, que puxeron en escena dúas pezas teatrais. A primeira, en castelán, sobre unha particular "señora" e os seus modais: Unha viaxeira sen billete, do libro Historias policíacas divertidas, de Wolfgang Ecke.


E a segunda unha "Parola carceraria" ou como ser un novato na cadea pode resultar moi incómodo:





Elenco da obra de teatro

Rematamos a festa de Nadal con bos desexos para o Aninovo, e, por suposto, un 2013 en galego!!!!


2 comentarios:

  1. Respuestas
    1. ¡Moitas grazas, Marina!
      Xa sabes que aquí temos unhas currantas de admirar hahaha!
      ¡Feliz 2013!

      Eliminar

Queremos saber a túa opinión.