23 jun 2016

Festival de final de curso (2015-16)

O día 22 de xuño celebramos con varias actividades este final de curso 2015-16.

Empezamos coa representación dunha adaptación de Anxélica ás portas do ceo, obra de Eduardo Blanco Amor, a cargo do noso grupo  O Quinto Teatro. María, Verónica, Yanelfy, Yaiza e Daniel ( de 1º e de 2º ESO) encarnaron eses tenros personaxes. Encargáronse de maquillaxe, son, iluminación e decorados alumnado de 4º ESO.










A continuación houbo un baile e unha actuación musical:




Rematamos esta xornada coa cata e resolución do concurso de cociña Receitas que resucitarán os mortos.

A convocatoria foi un éxito. Presentáronse moitísimos pratos e para o xurado foi ben complicado escoller as receitas gañadoras. Velaquí algúns dos pratos presentados:
















O xurado na cata:



Os premios:

E finalmente os gañadores foron os seguintes:

Na Modalidade A cociña de Escarlatina (receitas baseadas nas que aparecen na novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015) o premio foi para as galletas Cookies de Gerardo Barge Ferreiro, de 1º ESO A.




Na modalidade xeral houbo dos premios:
o 1º Premio foi para a Bomba de chocolate de Sofía Pérez González, de 4º ESO B.



 O segundo premio logrouno Daniel Ferradás Rodríguez co seu polo rebozado:

Velaquí os tres gañadores:


Detalle dun dos mandís incluídos no premio:


E coa entrega dos premios damos por rematadas as actividades do Equipo de Normalización Lingüística deste curso escolar, desexando que pasedes un bo verán e que non deixedes de ler en galego e de falar a nosa lingua!

Bo verán e feliz descanso! 

7 jun 2016

Concurso de cociña



Para darlle un remate festivo ao curso e ao libro que lemos en 1º da ESO, Escarlatina, a cocieira defunta, o EDNL convoca un CONCURSO DE COCIÑA. Animámosvos a que participedes!


RECEITAS QUE RESUCITARÁN OS MORTOS




BASES:
Haberá dúas modalidades:
1.       MODALIDADE 1: A cociña de Escarlatina
a.       Só alumnado de 1º da ESO
b.      As receitas poderán ser do libro Escarlatina, a cociñeira defunta, ou algunha variante destas.
c.       Haberá un único premio.
2.       MODALIDADE 2: Calquera prato que se poida traer o día 22 ao Instituto para degustar.
a.       Poderá participar todo o centro (alumnado, profesorado, persoal do centro...), incluídos os de 1º ESO.
b.      Haberá un primeiro e un segundo premio.
Prazo:
Quen desexe participar deberá anotarse nas listas correspondentes (pasarase polas aulas e logo quedarán en conserxería) ata o día 15
O día 22 nada máis chegar entregaranse os pratos elaborados en conserxería, onde lle adxudicarán un número a cada participante segundo a modalidade.
Xurado:
Estará composto por dous alumnos/-as.
Dous profesores/-as.
Outros traballadores do Centro.
Premios:
·         1 libro de cociña.
·         Caderno para receitario.
·         Equipamento de GRAN CHEF.