O día 22 de xuño celebramos con varias actividades este final de curso 2015-16.
Empezamos coa representación dunha adaptación de Anxélica ás portas do ceo, obra de Eduardo Blanco Amor, a cargo do noso grupo O Quinto Teatro. María, Verónica, Yanelfy, Yaiza e Daniel ( de 1º e de 2º ESO) encarnaron eses tenros personaxes. Encargáronse de maquillaxe, son, iluminación e decorados alumnado de 4º ESO.
A continuación houbo un baile e unha actuación musical:
Rematamos esta xornada coa cata e resolución do concurso de cociña Receitas que resucitarán os mortos.
A convocatoria foi un éxito. Presentáronse moitísimos pratos e para o xurado foi ben complicado escoller as receitas gañadoras. Velaquí algúns dos pratos presentados:
O xurado na cata:
Os premios:
E finalmente os gañadores foron os seguintes:
Na Modalidade A cociña de Escarlatina (receitas baseadas nas que aparecen na novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015) o premio foi para as galletas Cookies de Gerardo Barge Ferreiro, de 1º ESO A.
Na modalidade xeral houbo dos premios:
o 1º Premio foi para a Bomba de chocolate de Sofía Pérez González, de 4º ESO B.
O segundo premio logrouno Daniel Ferradás Rodríguez co seu polo rebozado:
Velaquí os tres gañadores:
Detalle dun dos mandís incluídos no premio:
E coa entrega dos premios damos por rematadas as actividades do Equipo de Normalización Lingüística deste curso escolar, desexando que pasedes un bo verán e que non deixedes de ler en galego e de falar a nosa lingua!
Bo verán e feliz descanso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.