Ao final non foi en decembro, senón neste mes de xaneiro, a cea literaria do club de lectura de profes As catro esquinas do Quinto. Dúas eran as obras seleccionadas: Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira; e Babilonia, de Yasmina Reza.
O libro da galega é un conxunto de relatos curtos, microrrelatos e aforismos que nos fan reflexionar sobre aspectos da vida e da creación literaria; pensamentos, flashs... que coma un lóstrego nos pasan pola cabeza ante situacións moi variadas. Velaquí a mostra dun microrrelato moi aprezado:
Emma Pedreira: Bibliópatas e fobólogos. |
A novela de Yasmina Reza provocou división de opinións. A esta que vos fala gustoulle bastante. Segundo ía lendo vía reflectida esa mentalidade que identificamos como da burguesía francesa, as visións e opinións tan sesgadas dos personaxes sobre as vidas dos demais, dos veciños, dos que os rodean, os contrastes entre elas. E de súpeto... aparece ese comportamento tan irracional que fai rebentar todo. Algunhas compañeiras do club opinaban que por iso semellaban dúas novelas nunha: unha seria, a das reflexións, e outra de comedia.
As proximas lecturas volven ser dúas obras moi diferentes, e as dúas premiadas:
A outra é Ya no quedan junglas adonde regresar, de Carlos Augusto Casas. Foi a obra gañadora do VI Premio Wilkie Collins de Novela Negra e nominada ao Premio “Pata Negra” como mellor novela do ano 2017.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.