Este curso encargáronse das actividades para celebrar o Día Internacional do Libro os departamentos de Lingua Castelá e o Grupo de Dinamización da Biblioteca.
O primeiro organizou nos distintos cursos da ESO unha actividade titulada Para que serve un libro? As respostas, algunhas moi orixinais, colocáronse no taboleiro do vestíbulo do instituto.
A segunda actividade foi Unha cita a cegas cun libro, onde ao estilo do amigo imaxinario se escollía un libro do fondo da bilbioteca para aconsellar a súa lectura.
Velaquí os resultados:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.