O día oito de marzo é o Día Internacional Da Muller Traballadora. Por segunda vez convoucouse unha folga feminista que foi secundada por practicamente a totalidade do alumnado. En todas as cidades houbo manifestacións e xuntanzas reclamando o noso dereito á igualdade.
O instituto, a través do Equipo de Biblioteca, fixo unha pequena exposición baixo a temática da igualdade e as mulleres. Tamén o departamento de Física e Química alentó ao alumnado de 3º ESO a destacar o papel da muller na Ciencia despois da visita ao Campus universitario para conmemorar o Día da muller e a nena na Ciencia durante a segunda edición de "Exxperimenta en feminino".
O alumnado de 1º bac. está a traballar en presentacións e vídeos sobre mulleres galegas que destacaron ou destacan en diversos eidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.