O noso instituto, a través do departamento de Historia, o departamento de Orientación e Vicedirección, e en colaboración coa concellaría de Cultura, Mocidade e Igualdade do Concello de Barbadás, e os centros de primaria adscritos ao noso centro (o CEIP Filomena Dato e o CEIP O Ruxidoiro), organizou unha actividade entre centros chamada Creando Igualdade ofrecemos o mellor de nós.
Consistía en tres apartados. Por un lado, un concurso de fotografía onde se constatase a igualdade entre homes e mulleres en actividades cotiás. Nel participaron os tres centros escolares. Despois o noso instituto preparou unha exposición de fotografías sobre o patrimonio inmaterial aportadas polo noso alumnado e cun pé de foto redactado polos propios alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO (aquí tamén participou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, EDLG). Levamos parte deste material á dita exposición, seleccionando aqueles traballos que tratasen ou resaltasen o labor ou participación das mulleres nas actividades descritas. Finalmente había murais que realizaron alumnos de 3º ESO sobre mulleres científicas. Con todo isto montouse unha exposición que se inaugurou o día tres de maio nunha sala de exposicións na Casa da Cultura da Valenzá (Barbadás).

Non contentos con isto, o departamento de Historia levou a alumnas voluntarias de ESO dos distintos cursos para que fixeran de guías da exposición para o alumnado de 6º de primaria dos centros mencionados, practicando deste modo tamén a oratoria en galego. A experiencia foi moi enriquecedora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.