Este curso o noso IES celebrou con varias actividades o Día contra a violencia de xénero. Unhas foron preparadas pola ANPA e vicedirección e tamén en colaboración co Equipo da biblioteca e o EDLG.
En primeiro lugar montamos un escenario para facernos fotos cunhas lentes moradas e escribimos nun álbum de fotos lemas e desexos para acabar con esta lacra. Despois pegamos nel as fotografías.
Tamén houbo un concurso de relatos ou cancións para a defensa da igualdade de xénero. Os premios foron camisetas seriegrafiadas con lemas e debuxos que xa fixeran o curso anterior; tamén uns bonos para que mercasen o que quixesen.
Os premiados foron alumnos e alumnas de 1º bacharelato:
1º premio para Hugo Núñez e Sara González.
1º premio para Hugo Núñez e Sara González.
2º premio: Antía López e Lara Rodríguez.
3º premio: Patricia Rivera e Uxía Valencia.
Houbo tamén obradoiros para as familias e para o alumnado dentro do programa Equality 3.0: Mirarnos con gafas violetas, Internet e as novas tecnoloxías e educación afectivo-sexual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.