No mes de Nadal sempre adoitamos adornar o vestíbulo e corredores do instituto. O equipo da biblioteca montou unha arboriña orixinal, neste caso con tomos de dicionarios e enciclopedias, compendio do saber. Despois, o alumnado de clase de relixión fixo estrelas de papel con peticións, desexos ou reflexións sobre o que significa o Nadal para eles. Finalmente, houbo o tradicional concurso de tarxetas de Nadal para o alumnado de 1º ESO e o festival.
Os premiados no concurso de tarxetas foron:
1º premio para a tarxeta de María Quintas Fernández, de 1º ESO B.
2º premio para Álex Núñez Crespo, de 1º ESO C
3º Premio para Nicolás Montero Rodríguez, de 1º ESO C.
Parabéns aos gañadores e tamén para todos os que participaron!
María e Nicolás |
Álex e Nicolás |
No festival de Nadal, que celebramos o día 20, houbo moitas actuacións musicais, con bailes e coreografías. Deixamos aquí unha pequena mostra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.