E acercábase a festa do Samaín! Pero sentiamos este curso que non tiñamos o corpo para moitas festas dado como está a situación sanitaria pola COVID-19! Non obstante, tampouco era cuestión de deixar as nosas tradicións abandonadas por moita distancia social e máscara que teñamos que adoptar!
Así que nos puxemos mans á obra e en colaboración co departamento de inglés, que tamén celebra o Halloween, engalanamos o centro, como de costume, con teas de araña, morcegos, esqueletos e cabazas!
O alumnado de 1º ESO non elaborou desta volta fermosos carteis con escenas macabras, pero si debuxou cabazas, vampiros e elaborou uns poucos adornos terroríficos.
Decidiuse premiar a dous deles. Son as elaboracións de Joel e Yerik. O primeiro realizou en madeira un macabro cadaleito ocupado e o segundo unha araña que mete medo! Parabéns!
Velaquí os premiados e os seus traballos:
Joel Iglesias de Francisco, de 1º ESO C e o seu cadaleito.
Yerik Gael Suárez Dacosta, de 1º ESO B
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.