Este curso parte do claustro do instituto participa no Plan Proxecta Donas de Si. Unha das primeiras actividades que fixemos foi dar a coñecer o problema da violencia de xénero co gallo do día 25 de novembro. Elaboramos uns bonecos de tea cos que rodeamos unha das árbores do patio do instituto, que serviu de marco ou photocall coa intención de facer visible e representar a forza e o poder de todos os nenos e nenas na loita contra esta lacra social.
Nas titorías, os alumnos e alumnas de todas as clases e niveis propuxeron lemas e frases que arrincan do encabezamento Dona de min e loito por... que escribiron en carteis e que se usaron para facer as fotos.
Aquí tendes algunhas fotos onde se ve o proceso de creación dos bonecos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.