23 sept 2018

Curso 2018-19

Comenzamos un novo curso con renovadas ilusións, boas expectativas e ganas de aportar o noso gran de area na defensa e na difusión da nosa cultura e no uso da nosa lingua.

E non podiamos facelo máis que coa noticia de que ao final do curso pasado reformouse a biblioteca. Ampliouse e modificouse a distribución dos andeis e mesas, resultando un espazo máis luminoso, acolledor e grato.

Velaquí tedes o resultado nas fotos:











Seguiremos mantendo a feliz colaboración co Club de Lectura, coas tertulias literarias, coas Ceas Literarias de profes, e coas actividades planificadas polos distintos departamentos.
Un saúdo!


28 jun 2018

Lecturas de verán


Outro curso que remata! En nada estaremos de descanso, nas piscinas e areais; na montaña, de viaxe ou gozando da cidade.
Pero tamén temos tempo dabondo para a nosa afección favorita: a lectura!

Déixovos aquí unhas recomendacións, porque no verán hai tempo para todo e, sobre todo, para ler.

1º e 2º ESO:


Fóra do normal (Ed.Xerais) de María Reimóndez, novela gañadora da primeira edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, identifica as heroínas e os heroes contemporáneos entre aquelas personas que só con existir e non ceder a domesticarse están mudando o mundo.




Preferides outro tipo de aventuras?
Pois Nena e o mar (Ed. Xerais) pode gustarvos. A autora é Érica Esmorís e a novela recibiu o Premio Merlín de literatura infantil 2015.




3º  e 4º ESO:

Premendo no título podedes ver unha recensión da obra.


Outra opción é O que sei do silencio, historia arredor ao acoso nas aulas dun instituto. A autora é  Andrea Maceiras.


Desta mesma autora podedes ler unha novela que gañou o Premio Jules Verne e tamén o premio Fervenzas literarias ao mellor libro de literatura xuvenil, ámbolos dous en 2015, por Europa Express



1º e 2º bacharelato:

Como sabedes, o día 26 morreu o escritor Xabier P. Docampo e, como homenaxe a el, recoméndovos A nena do abrigo de astracán.  Ed. Xerais.


Outra opción é Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales Santomé. Ed. Galaxia.


Os profes do club de lectura eleximos a obra  de Pedro Feijoo: Sen piedade. (Ed. Xerais). Teremos en setembro a próxima cea literaria para falar deste libro.


 Recomendamos outros libros deste autor como son  Os fillos do mar ou Os fillos do lume. 




Vémonos o vindeiro curso coa mesma ilusión e ganas de defender a nosa cultura e a nosa lingua. E cun libro, mellor!

17 may 2018

Día das Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno


O EDLG quixo celebrar no instituto este día cun mural feito por alumnado de todos os cursos: uns redactaron a información biográfica e bibliográfica e outros elaboraron carteis inspirados en fotografías de María Victoria Moreno e das portadas dalgunhas das súas obras.

















Tamén puxemos un expositor con obras dalgúns dos 51 autores e  4 autoras aos que se lle dedicou este Día.



Parabéns a agradecemento aos participantes!





Fagamos que as letras galegas sexan nosas os 365 días do ano!

23 abr 2018

Día do Libro 2018

Este curso encargáronse das actividades para  celebrar o  Día  Internacional do Libro os departamentos de Lingua Castelá e o Grupo de Dinamización da Biblioteca.

O primeiro organizou nos distintos cursos da ESO unha actividade titulada Para que serve un libro? As respostas, algunhas moi orixinais, colocáronse no taboleiro do vestíbulo do instituto.

A segunda actividade foi Unha cita a cegas cun libro, onde ao estilo do amigo imaxinario se escollía un libro do fondo da bilbioteca para aconsellar a súa lectura.  

Velaquí os resultados: